ASFALTADO EN ALPERIZ

ASFALTADO EN ALPERIZ
Luns 27 de Agosto de 2018 - Esta actuación era moi demandada polos veciños e veciñas da zona, xa que a estrada, logo de anos sen actuacións, presentaba un estado de deterioro moi importante.

o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro de Rural, visitaron a pista situada na parroquia de Alperiz, que acondicionou o Concello de Lalín dentro do segundo programa de mellora de viais no rural posto en marcha este ano. Esta actuación era moi demandada polos veciños e veciñas da zona, xa que a estrada, logo de anos sen actuacións, presentaba un estado de deterioro moi importante. Deste xeito, dáse resposta a unha demanda veciña e continúase avanzando na recuperación e mellora do rural, un dos obxectivos principais do Goberno municipal.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín