ARRANXO DUNHA PISTA NOS PORCALLOS

ARRANXO DUNHA PISTA NOS PORCALLOS
Xoves 13 de Septembro de 2018 - O Concello de Lalín concluíu o segundo plan de acondicionamentos de pistas e accesos rurais posto en marcha este ano coa mellora, mediante a dotación dunha nova capa de rodadura dunha pista que une o lugar de Os Porcallos.

O Concello de Lalín concluíu o segundo plan de acondicionamentos de pistas e accesos rurais posto en marcha este ano polo Concello de Lalín coa mellora, mediante a dotación dunha nova capa de rodadura dunha pista que une o lugar de Os Porcallos, na parroquia de Goiás con Pardesoa. O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, acompañado polo concelleiro de Rural, Miguel Medela, supervisou a actuación que neste caso complementa o asfaltado doutra pista próxima que xa se acometeu o ano pasado e que permitiu en conxunto mellorar moito as condicións das estradas neste lugar, pois estaban nun estado de deterioro importante. Ademais, cons este investimento o Concello eleva a preto de 500 mil euros a cantidade destinada a diferentes proxectos na parroquia de Goiás no que vai de mandato.

O mencionado programa de pavimentacións permitiu o arranxo de pistas en Losón, Palio, Galegos, Cercio, Alperiz e Goiás cun investimento total de 300 mil euros. En palabras do alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, esta importantísima inxección económica no acondicionamento de pistas, serve para avanzar de maneira moi significativa nun dos principais obxectivos do Goberno: a recuperación e posta en valor do rural lalinense. Ao mesmo tempo, estas actuacións serviron para ir dando resposta ás necesidades e demandas das veciñas e veciños das zonas beneficiadas, que en numerosas ocasións transmitiron ao Goberno a súa satisfacción coa execución dunhas obras moi demandadas. Cuíña lembrou que o Goberno local xa está traballando noutro paquete de obras e melloras en pistas e accesos de distintas parroquias que roldará o millón de euros.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín