ACONDICIONAMENTO DUNHA PISTA EN LOSÓN

 ACONDICIONAMENTO DUNHA PISTA EN LOSÓN
Luns 27 de Agosto de 2018 - O alcalde destacou o bo estado no que quedou a pista acondicionada na parroquia de Losón, como tamén así o corroboraron veciños desta zona que falaron esta mañá co rexedor durante a visita

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Rural, Miguel Medela, realizaron esta mañá unha visita á pista situada na parroquia de Losón, que vén de ser pavimentada a través do plan de mellora de pistas e accesos que está desenvolvendo o Concello de Lalín en diferentes parroquias do termo municipal cun orzamento de 300 mil euros. Como explicou o rexedor, a semana próxima asfaltaranse dentro deste mesmo plan, pistas nas parroquias de Palio, Galegos, Cercio, Alperiz, e Porcallos (Goiás). Trátase dun programa de mellora de pistas ambicioso que dá resposta ás necesidades rexistradas polos veciños e veciñas da zona rural. Porén, Cuíña lembrou que o Goberno está tratando de consensuar co principal partido da oposición un paquete de asfaltados por un millón de euros para seguir avanzando con paso firme no proceso de recuperación do rural -un dos principais obxectivos que se fixou o executivo ao principio de mandato- e mostrouse optimista coa posibilidade de chegar a un acordo en beneficio da veciñanza. O alcalde destacou o bo estado no que quedou a pista acondicionada na parroquia de Losón, como tamén así o corroboraron veciños desta zona que falaron esta mañá co rexedor durante a visita. Por outra banda, tamén está previsto que para a semana comece o proxecto de arranxo da pista da miñoca ao que se destina 100 mil euros con cargo ao Plan Marco.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín