O alcalde de Lalín, José Crespo, e as concelleiras Carmen Canda e Paz Pérez agradeceron aos voluntarios e á empresa Gagotrans a preparación e o transporte das doazóns aportadas pola veciñanza de Lalín. O rexedor indicou que “o pobo de Lalín volveu a demostrar o seu carácter solidario e colaborador con quen o están a pasar mal”. En apenas dous días “xuntáronse unha vintena de pallets de alimentos, auga, material de limpeza, mascarillas, produtos para os nenos dos concellos do sur de Valencia”.
Crespo quixo dar “grazas a todos os que colaborarron e o seu agradecemento a todos os voluntarios que estiveron a atender o punto de recepción de donacións e gracias aos colectivos que colaboraron”.
A empresa Gagotrans que será a encargada de facer o transporte ata a localidade de destino que será Castellar-Oliveral.