- As responsables municipais agradecen á veciñanza a extraordinaria resposta solidaria amosada nestes días e fan extensiva a indicación da FEGAMP de que nestes momentos se prioricen as doazóns económicas
- Necesitaranse máis recursos en próximos días e semanas pero de momento pídennos que non se sigan recollendo máis produtos por non ter onde gardalos en destino
-
- Paz Pérez avanza que hoxe cara ao mediodía está previsto que saia con destino a Valencia (Castellar Oliveral) un tráiler con con todos os produtos e utensilios doados polos lalinenses
A tenente alcalde, Paz Pérez, e a concelleira de Política Social, Carmen Canda mantiveron esta tarde unha xuntanza cos colectivos O Mencer, Recycling e Carabelo, para lle agradecer o traballo desenvolto na campaña solidaria de axuda a Valencia organizada polo Concello conxuntamente con eles e tamén para lle comunicar que queda suspendida ata novo aviso a recollida de produtos esenciais ante as dificultades loxísticas e de almacenamento que están tendo nas zonas afectadas pola DINA. Unha decisión que tamén lle foi trasladada polo alcalde e pola tenente alcalde aos voceiros dos distintos grupos políticos.
Desde a FEGAMP trasládannos que os centros loxísticos organizados pola Generalitat Valenciana, a Deputación de Valencia e varias ONGs están a día de hoxe desbordados de material, de aí que polo momento recoméndannos aos concellos non seguir recollendo máis produtos de primeira necesidade, e é polo que decidimos na tarde de hoxe suspender a recollida, explican.
En nome do Concello Pérez e Canda agradecen á veciñanza a extraordinaria resposta solidaria amosada nestes días polo pobo lalinense que doou para axudar a Valencia: 2.000 litros de leite, 3.800 litros de auga, 2 palés de cueiros, 1 palé de produtos de hixiene persoal, 2 palés de conservas e alimentos non perecedoiros, 2 palés de mascarillas, 1 palé de cubos, palas, escobas, angazos... e tamén comida para mascotas. Todas estas doazóns, indicou a tenente alcalde, Paz Pérez, viaxarán mañá a destino: serán trasladadas mañá nun tráiler para deixalos na pedanía Castellar Oliveral, grazas á axuda e intermediación dun lalinense residente en Valencia. Está previsto que o transporte saia cara mediodía e que tamén leve os produtos recadados polos concellos de Silleda e Rodeiro.
Priorizar as doazóns económicas
Así mesmo as responsables municipais queren facer extensiva ao conxunto da veciñanza as últimas indicacións que nos traslada a FEGAMP relativas a que nestes momentos se prioricen as doazóns económicas ás organizacións que están traballando nas zonas máis afectadas pola DINA (achegamos as canles de doazón económica que nos indican desde a FEGAMP). Tamén nos comunican desde a Federación Galega de Municipios que se van necesitar máis recursos en próximos días e semanas pero pídennos de momento que non se sigan recollendo máis produtos porque non teñen onde gardalos en destino.
Vías para as doazóns económicas
1. Generalitat Valenciana: ES94 0081 0693 61 0002423445
2. Cruz Vermella