Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CRESPO RECIBIU HOXE AOS 10 ALUMNOS TRABALLADORES DO OBRADOIRO “AMOREA” E ANUNCIOU QUE EN DECEMBRO SE PON EN MARCHA O OBRADOIRO DUAL SÁMAGO CON 20 DESEMPREGADOS MÁIS
  • Ambos programas totalizan máis de 700.000 euros de investimentos en formación e mellora da empregabilidade

O alcalde de Lalín, José Crespo, recibiu esta mañá aos alumnos traballadores que tomarán parte no programa de Emprego Amorea e que nos vindeiros meses coordinarán ensinanzas teóricas con prácticas para incrementar as súas posibilidades de formación e de empregabilidade.

Datos do novo programa de emprego Amorea

  • -Subvención: 274.127€

  • -Especialidade: Xestión de almacéns e aprovisionamento. Inclúe formación en inglés e en informática (programación de bases de datos relacionais -formación básica para xestionar un pedido ao estranxeiro-).

  • -Persoal: 1 director e 1 titora (ambos a tempo parcial) 1 docente e 10 alumnos traballadores, menores de 30 anos con nivel de estudos de bacharelato ou equivalente.

  • -Duración: 12 meses, do 14.10.2024 ao 13.12.2024.

  • -Actuacións a desenvolver: xestións de almacéns municipais (departamento de Obras, de Protección Civil, Lalín Arena, do Centro de Formación Ocupacional, do Banco de Alimentos, Desván, etc) + xestións do almacén da Asociación O Mencer.

Ao tempo, que dou a benvida aos novos alumnos, o alcalde anunciou que a Xunta de Galicia concedeu un novo obradoiro que se porá en marcha a comezos de decembro. Trátase dun obradoiro dual de emprego, Sámago, nas especialidades de actividades auxiliares de conservación e mellora de montes e operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Nel tomarán parte 20 alumnos máis que se formarán en forestais e albanelería durante 9 meses.

Datos do novo obradoiro dual de emprego Sámago, anunciar que dará comezo os primeiros días de decembro:

  • -Subvención: 411.928€

  • -Especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes + operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

  • -Persoal: 1 director e 1 titora (a tempo parcial), 1 docente po especialidade e 20 alumnos (10 por especialidade).

  • -Duración: 9 meses. Comezos de decembro ao 31/08/2025.

  • -Actuacións: operacións auxiliares de mantemento de infraestruturas forestais no lago do Auditorio, no paseo Pontiñas, no Polígono e na carballeira do Polígono + acondicionamento de locais sociais de: A Xesta, Donramiro, Cadrón, Erbo, Cercio, Camposancos, Val, Cello, Rodís, Donsión, Moneixas, mais o albergue de Mouriscade, pavillón e Lalín Arena.

Con estes dous obradoiros, o Concello de Lalín suma así “novas oportunidades de emprego tanto con este programa de emprego Amorea, que se inicia, como co obradoiro dual de emprego Sámago que en breve comezará”. Evidénciase o compromiso do goberno “en materia de emprego apostando pola formación e cualificación”. Só estes dous programas que nos concedeu a Xunta tras presentar “uns bos proxectos contan con preto de 700 mil € de investimento”. Aos que se suman os 531.046,20 € do obradoiro Lalín Verde que rematará o 30 de novembro e que se desenvolveu no último ano.

km0