Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO INICIARÁ O DOMINGO 20 DE OUTUBRO O PROGRAMA A IDADE DE OURO EN MOVEMENTO QUE CONTINUARÁ DURANTE NOVEMBRO E DECEMBRO

Despois da boa acollida que tivo esta iniciativa en edicións anteriores, o vindeiro domingo dará comezo un novo ciclo de actuacións musicais e sesións de baile no Centro Comercial Pontiñas

 

Terá lugar os domingos de 19:00 a 21:00 no Centro Comercial Pontiñas de Lalín

A concelleira de Política Social, Carmen Canda, anuncia despois da boa acollida que tivo a iniciativa en anos precedentes, o comezo das actuacións musicais e sesións de baile dentro do Programa a “Idade de Ouro en Movemento”, e a súa vez dentro do convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade para o financiamento do Programa de Respiro Familiar “Lalín Activa” para o exercicio 2024, que ten como finalidade crear espazos de esparexemento dirixidos a persoas co fin de promover un envellecemento saudable.

 

Canda explica que haberá diferentes actuacións musicais e sesións de bailes os domingos no Centro Comercial Pontiñas de 19:00 a 21:00 e aínda que orientado a promover un envellecemento saudable estará aberto a toda a cidadanía promovendo as actividades interxeracionais e lúdico-festiva tratando de fomentar a cultura musical no concello e da interxeracionalidade. Canda avanza que dará comezo o domingo 20 de outubro con Pachi Show e continuará nos meses de novembro e decembro. O domingo 27 actuará Punto Zero.

 

Con esta iniciativa, preténdese apoiar ao envellecemento de forma máis activa, mellora da saúde, desenvolvemento das habilidades sociais e socialización, procura da erradicación da xerontofobia, creación dun espazo de ocio e tempo libre, etc.

km0