Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
REMATA O CAMPO DE TRABALLO “TRADICIÓN EN VERDE” CUNHA GRAN APRENDIZAXE DA MOCIDADE VOLUNTARIA QUE PARTICIPOU NEL
  • Entre as actividades mellor valoradas polos/as voluntarios/as están a participación na meda tradicional do centeo, o obradoiro de cestería, a visita ás fragas de Catasós e a charla de arqueoloxía experimental impartida por Víctor M. García Piñeiro

Onte rematou o campo de campo de traballo de carácter ambiental, etnográfico e arqueolóxico “Tradición en Verde”, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración co Concello de Lalín, e no que tomaron parte 15 mozos/mozos entre 19 e 30 anos procedentes de Zaragoza, Madrid, Valencia, Badaxoz, Ciudad Real, Guipúscoa, Gerona, Navarra, Barcelona e de distintos lugares de Galicia.

Estiveron aloxados no albergue de Mouriscade e realizaron tarefas de voluntariado na Casa do Patrón e actividades de ocio diversas como a participación na meda tradicional do centeo, visita ás Fragas de Catasós, piscina fluvial de Vilatuxe, cestería e xogos tradicionais. Tamén coñeceron a Casa Consistorial.

O peche de onte foi moi emotivo porque os vínculos creados foron moi fortes porque durante estes 12 días fixeron amizades que seguramente continuarán no tempo.

A mocidade participante como voluntarios/as neste campo destaca que aprenderon moito sobre a cultura galega, a arqueoloxía, sobre a fauna e flora autóctonas. Todos marcharon saben bailar unha muiñeira e probaron a tocar a pandeireta ou a gaita. Así mesmo tamén aprenderon a importancia de coidar o medio ambiente con pequenos xestos.

Entre as actividades mellor valoradas polos/as voluntarios/as están a participación na meda tradicional do centeo, o obradoiro de cestería, a visita ás fragas de Catasós e a charla de arqueoloxía experimental impartida por Víctor M. García Piñeiro.

km0