Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
REMATA A PRIMEIRA QUENDA DOS CAMPAMENTOS CARBALLOS DO CONCELLO CUN GRAN XOGO DE XEOLOCALIZACIÓN E UNHAS OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS

O venres 16 dará comezo a segunda quenda deste campamento municipal que se desenvolverá ata o luns 23 e que manterá a metodoloxía da aprendizaxe e o descubrimento a través do xogo grupal

A primeira quenda dos campamentos Carballos rematou este luns con moitas actividades divertidas. O pasado venres, 9 de agosto, os nenos e nenas realizaron actividades cooperativas e participaron nun gran xogo de xeolocalización no parque do auditorio, rematando cun baño na piscina municipal. O último día de campamento concluíu cunhas disputadas Olimpíadas Mitolóxicas e cunha xincana de auga.

O vindeiro venres 16 dará comezo a segunda quenda deste campamento, no que se manterá a metodoloxía da aprendizaxe e o descubrimento a través do xogo grupal. Desenvolverase de luns a venres polas mañá ata o vindeiro luns 23, inclusive.

km0