Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA ACADÉMICA DO ALUMNADO LALINENSE NA ABAU
  • O alcalde brindoulle unha recepción aos quince alumnos/as lalinenses que obtiveron unhas cualificacións excelentes nas recentes probas da ABAU dándolle visibilidade pública ao rendemento académico

O Concello de Lalín recoñece a excelencia académica do alumnado lalinense na ABAU (Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade). Foi nunha recepción que o alcalde, José Crespo, lle ofreceu aos quince alumnos/as que obtiveron unha cualificación destacada nesta proba a quen lle entregou un diploma conmemorativo. Unha recepción que tivo lugar no salón de plenos e na que tamén tomou parte a tenente alcalde, Paz Pérez, e a concelleira de Educación, Begoña Blanco, así como representación dos equipos directivos do IES Ramón Mª Aller e IES Laxeiro e as familias do alumnado.

Crespo trasladou a en hora boa ao alumnado dos dous institutos, así como aos equipos directivos e ás familias dos/as alumnos/as. Indicou que “no mundo no que vivimos, no que a cultura do esforzo semella que é un tema secundario, cobra especial relevancia que che digan que hai 15 alumnos/as que son as mellores notas da ABAU”. “Iso ten moito que ver cos centros, que vós valgades e tamén os pais porque para que vaiades na dirección correcta tamén dá un traballo grande aos proxenitores”.

Agradeceulle o esforzo aos centros porque “para ter resultados primeiro hai que investir; agradecerlle aos pais e a todos vós desexarvos moita sorte nos anos vindeiros”. “A cultura do esforzo sempre ten premio”, lles dixo, “e vós neste caso tedes que estar moi contentos/as porque sodes uns moi dignos representantes do noso pobo”, afirmou. “Lalín

Os representantes dos institutos agradeceron a recepción e que estes nenos/as teñan este recoñecemento ao seu esforzo e puxo de relevo o traballo que desde os centros educativos se fai para potenciar o seu talento.

A relación de alumnos/as participantes na recepción, con notas comprendidas entre 9,71 e 9,002 na ABAU foron:

IES RAMÓN Mª ALLER

-Belén García Méndez

-María Mato Blanco

-Belén García Rodríguez

-Alba Froiz Sampayo

IES LAXEIRO

-Mateo Rozas González

-Claudia Mon Silva

-Miguel Aller Díaz

-Hadriana Mon Fernández

-Gema Daparte Barros

-Guillermo Pérez Fernández

-Nuria Jar de la Fuente

-Nuria Castro González

-Carlota Collazo Catoira

-Laura Regadío Sánchez

-María Jiménez Crespo

km0