Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
AS INSCRICIÓNS PARA A VIAXE A ANDORRA QUE O CONCELLO DE LALÍN ORGANIZA DO 15 AO 19 DE OUTUBRO ÁBRENSE O 1 DE XULLO
  • O programa fomenta as capacidades sociais e de relación das persoas maiores de diferentes localidades e culturas, favorecendo o intercambio de experiencias, costumes, etc. a través de actividades grupais

  • As persoas que desexen asistir deberán recoller a solicitude no Concello de Lalín e rexistrar a dita solicitude no Rexistro dende o 1 ao 12 de xullo ou ben facelo de xeito telemático
  • Para participar neste intercambio a Escaldes-Engordany que se fai no marco do programa de irmandade é preciso ter máis de 65 anos e estar empadroadas e residir en Lalín

A concelleira de Política Social, Carmen Canda, anuncia a próxima apertura, o vindeiro 1 de xullo, do prazo para inscribirse na viaxe de Escaldes-Engordany (Andorra) dentro do programa de irmandade entre o Concello de Lalín e o municipio de Escaldes-Engordany. Poderán participar as persoas empadroadas e con residencia efectiva no Concello de Lalín que teñan máis de 65 anos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Canda sinala que se “ofertan un total 30 prazas e as persoas que accedan a este programa asumirán os custos derivados do traslado entre Lalín e Escaldes-Engordany e o seguro do viaxe, que suporá en total un desembolso de 320 euros por persoa”.

As persoas participantes poderán gozar dunha estancia de 5 días (4 noites) nun hotel en Escaldes (Andorra) en réxime de pensión completa en habitación dobre compartida. Así mesmo beneficiaranse do programa de animación realizado polo  Comú de Escaldes-Engordany.

As persoas que teñan mobilidade reducida, necesidades médicas e/ou farmacéuticas, alerxias alimentarias etc. deberanas comunicar cando se presenten as solicitudes.

Para formalizar a inscrición deberán presentar no Rexistro do Concello de Lalín, ou ben facelo de xeito telemático, a seguinte documentación:

- A solicitude, que poderán recoller no Concello de Lalín

- DNI ou NIE en vigor de cada unha das persoas solicitantes, ou certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, dos/das cidadáns da Unión Europea, así como o pasaporte ou tarxeta de identidade do país de procedencia en vigor, ou tarxeta de residencia en vigor para as persoas estranxeiras que non estivesen en ningún dos dous supostos anteriores.

- Informe médico que acredite a súa autonomía.

- Autorización da Seguridade Social ao amparo do Convenio de Seguridade Social entre España e Andorra.

A adxudicación de prazas realizarase por sorteo no caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas.

Lalín e Escaldes-Engordany están irmanados desde o ano 2004 e veñen desenvolvendo intercambios periódicos. Os últimos, en 2022 cando 10 rapaces/rapazas lalinenses estiveron en Escaldes e no 2023 as persoas maiores provenientes do Comú andorarro viaxaron a Lalín coincidindo cos actos de celebración da Feira do Cocido.

 

km0