Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
REUNIÓN DA COMISIÓN ENCARGADA DOS ACTOS DO MATEMÁTICO RODRÍGUEZ PARA DESEÑAR ACCIÓNS ESPECÍFICAS EN LALÍN QUE COMPLEMENTEN O AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA RAGC
  • No encontro, convocado e presidido polo alcalde, tomaron parte a concelleira de Cultura, o profesor Docobo, Daniel González Alén e Martiño Nercellas
  • Do encontro xurdiron diversas iniciativas que se irán concretando en vindeiras reunións da comisión e que teñen como fin poñer en valor a figura do que foi o primeiro gran científico galego neste ano e que poderán tamén ter continuidade en 2025

O alcalde de Lalín, José Crespo, e a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, mantiveron unha reunión cos integrantes da comisión que se encarga da programación de actividades para a celebración do Matemático Rodríguez como Científico do Ano 2024 e que traballa en coordinación directa coa Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

Asistiron a este encontro, que se produce tras varias reunións xa mantidas coa RAGC en meses previos, o catedrático e director do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da USC, José Ángel Docobo; o Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén, e o biólogo, Martiño Nercellas.

O obxecto básico da xuntanza desenvolva no consistorio lalinense foi comezar a traballar, a maiores do amplo programa de actividades que xa contempla a RAGC para honrar ao Matemático, nalgún tipo de acción específica que se poida levar a cabo en Lalín, que se sume ás da Real Academia, e que contribúa a poñer en valor a figura do que foi o primeiro gran científico de Galicia no seu bicentenario do seu pasamento que se celebra este ano, coa pretensión de estas actividades teña continuidade ao longo de 2025. Do encontro xurdiron diversas ideas que se irán concretando en vindeiras reunións da comisión.

km0