Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CARMEN CANDA E BEATRIZ CANDA FAN A PRIMEIRA ENTREGA DESTE ANO DE CESTAS NATALICIAS A 12 FAMILIAS LALINENSES

Trátase dun detalle de benvida para os recén nados e as súas familias consistente nunha serie de artigos en especie con produtos básicos para os/as novos/as lalinenses

As concelleiras de Política Social e Promoción Económica, Carmen Canda Larroy e Beatriz Canda Rodríguez, respectivamente, entregaron as cestas de benvida á natalidade á 12 familias, sendo 6 nenos e 6 nenas beneficiarios/as, na que é a primeira entrega deste ano 2024. Estas cestas están compostas por varios produtos básicos para o coidado dos recén nacidos e como recibimento que o concello fai por estes novos lalinenses.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o ano 2024. Para aqueles nacementos, adopcións ou constitucións de tutela que se produzan no mes de decembro de 2024, o prazo estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2025.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas aquelas persoas que sexan proxenitoras dunha crianza nacida entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024; adoptantes ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos dun/dunha menor, sempre que a constitución da adopción ou a declaración de garda con fins adoptivos teña lugar entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024; ou que sexan titores/as  dun/dunha menor, sempre que a constitución da tutela se faga entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024.

Requisitos

Todas as persoas integrantes da unidade familiar deben figurar empadroadas no Concello de Lalín no momento da presentación da solicitude e permanecer empadroadas durante os dous anos seguintes á concesión da axudas. Este requisito será comprobado de oficio polo órgano instrutor do procedemento e o seu incumprimento dará lugar ao reintegro da axuda percibida.

Documentos
km0