Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
ESTE LUNS ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PERMISO PARA REALIZAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN

O prazo estará aberto ata o venres, 21 de xuño

  • Os permisos solicitados fóra das datas regulamentarias non se concederán

 

A concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo Fernández, comunica que “o vindeiro luns día 10 de xuño ábrese o prazo para solicitar permiso para realizar as fogueiras de San Xoán, unha petición que poderá facerse ata o 21 de xuño, inclusive”. Lorenzo fai fincapé en que “é importante cursar a petición no período regulamentario para poder autorizalas en tempo; fóra desas datas non se concederán”.

A responsable municipal sinala que “as persoas interesadas deberán cubrir o correspondente modelo de solicitude que se atopa na sede electrónica do Concello e presentalo de xeito telemático ou presencial na Concellería de Medio Ambiente”.

Normas de seguridade

  • O volume do material combustible da fogueira non superará os 4 m de diámetro nin os 3 m de altura.
  • A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados será, como mínimo, de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados produtos inflamables nin zona forestal no redor.
  • Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc. e, en xeral, calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.
  • No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 centímetros en toda a superficie da fogueira que deberán retirar unha vez finalizada a actividade.
  • Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
  • En todos os casos os organizadores serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.
  • Deberán cumprirse as medidas de seguridade e prevención de incendios.

O ano pasado concedéronse un total de 66 permisos, 7 para a realización de fogatas en distintos espazos situados no casco e na periferia e 59 nas distintas parroquias. Concretamente desenvolvéronse fogueiras en: Donsión, Losón, Goiás, Vilatuxe, Doade, Botos, Donramiro, Filgueira, Cristimil, Xaxán, Bermés, Catasós, Santiso, Soutolongo, Cercio, Barcia, Sello, Vilanova, Moneixas, Moimenta, Prado, Lalín de Arriba, Anzo, Palmou e Fontecabalos.

km0