Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
LALÍN ACOLLE O MUNDIAL DE ENDUROGP DO 5 AO 7 DE MAIO

O Mundial de Enduro volve a Lalín, poñendo de novo ao municipio no eido internacional do motor.

O Mundial de Enduro volve a Lalín, poñendo de novo ao municipio no eido internacional do motor.

O alcalde José Crespo, o presidente da Federación Galega de Motociclismo - FGMoto José Canda, o presidente do Motoclub Movete Na Moto, Ángel Arca e o concelleiro de Deportes, Avelino Souto presentaron o Acerbis GP SPAIN Lalín, a 2ª proba do circuíto mundial Enduro GP 2023, que se vai a disputar en Lalín os días 5, 6 e 7 de maio.

Ademais de ser puntuable para o Mundial, a proba será puntuable para o Nacional da RFME - Real Federación Motociclista Española e tamén para o Campionato Galego, polo que o número de pilotos e equipos participantes será moi alto, copando a disponibilidade hoteleira en Lalín e no Deza, chegando as pernoctacións a comarcas limítrofes.

No acto firmouse un convenio de colaboración entre o presidente de Móvete na Moto e o Concello de Lalín, posibilitando levar a bo cabo esta proba de nivel internacional.

km0