Os galardóns entregaranse o vindeiro venres 10 de febreiro na Gala do Cocido que se celebrará no Lalín Arena retransmitida pola TVG
O alcalde de Lalín, José Crespo, presidiu hoxe a reunión do xurado da XXIX edición Premios de Gastronomía de Galicia na que dous lalinenses se alzaron con premios: Modesta Montoto Areán de Restaurante Villanueva, premio “Pepe Solla” ao labor de toda unha vida dedicada á gastronomía galega e David Liñares González, de Liñares Apicultura como premiado ao “Pequeno produtor galego”.
O xurado conformado estivo conformado por:
-
Dª Begoña Blanco Blanco - Concelleira de Turismo de Lalín.
-
Dª. Marta Fernández Vázquez- Directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia.
-
Daniel Guzmán (Rest. O Camiño do Inglés) - Vicepresidente do Grupo NOVE.
-
Javier Outomuro (Rest. A Taberna) – Representante de Amigos da Cociña Galega.
-
José Martínez Vidal (Rest. O Parrulo) – Acompañou tamén o neto Alberto Martínez – Club Gastronómico Rías Altas.
-
José Luis Iglesias González (Rest. Cabanas) – Membro de Eurotoques, Xantares, Lareira e Amigos da Cociña Galega
-
José Antonio Asorey Torres. (Rest. Onde Antonio) -- Membro da Asociación Local Hostalería Lalín
-
César López Arribas, secretario xeral do Concello que actou como secretario do xurado
O xurado decidiu outorgar o Premio “Pepe Solla” ao labor de toda unha vida a Modesta Montoto Areán do Restaurante Parrillada Villanueva pertencente ao Concello de Lalín pola súa traxectoria no municipio dezao xa dende os anos 70.
No apartado do premio ao "Profesional que máis se distinguira na potenciación da Cociña Galega”, o galardón recaeu, por decisión do xurado, na persoa de D. Xosé Torres Cannas do Restaurante Pepe Vieira que logrou este ano a segunda estrela Michelín.
ENTIDADE POTENCIACIÓN DA GASTRONOMÍA GALEGA
O xurado distinguiu no apartado do “Premio á empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía Galega e dos produtos gastronómicos galegos” a Aceites Abril pola súa traxectoria e tamén por accións que están a tomar como o traballo na recuperación de variedades autóctonas.
A empresa de Liñares Apicultura de David Liñares, natural de Lalín, foi recoñecida co “Premio ao pequeno produtor” que máis se destacou no ano pasado, pola innovación que estivo e está a facer no eido da apicultura e a repercusión que está tendo a nivel nacional e internacional.
PREMIO Á ADEGA OU EMPRESA VITIVINÍCOLA
Por último, no apartado do premio á “Adega ou empresa vitivinícola” o galardón recaeu na Adega Algueira (Doade, Sober), debido á súa traxectoria ao longo do tempo e á calidade de produtos cos que levan décadas deleitando a todos os amantes do viño.
Os premios de Gastronomía de Galicia entregaranse xunto ao Premio Álvaro Cunqueiro que serán entregados na Gala do Cocido o vindeiro venres 10 de febreiro que se celebrará no Lalín Arena e retransmitida pola TVG.