O xurado ditaminou tras un empate de puntuacións no rural dividir o premio á metade, concedendo dous ex aequo
No casco unha árbore simulada de luces e de 4 pisos situada na fachada foi o mellor puntuado
A entrega de premios será o vindeiro luns 9 ás 11 horas no hall do Concello
O pasado luns 26 de decembro emitiuse o fallo do xurado do II Concurso de balcóns e xanelas no que se presentaron unha vintena de composicións que proporcionaron luz e cor ao casco e rural lalinense.
O xurado, conformado por 2 representantes da prensa sendo estes Amelia Ferreiroa por parte de La Voz de Galicia e Alfonso Loño por parte do Faro de Vigo; unha representante da AED, Yolanda Rial; unha representante por parte da asociación de comerciantes, Inés Fariñas e por último o Cronista Oficial do Concello de Lalín Daniel González Alén, ditaminou os gañadores.
No rural, tras darse un empate de puntuación, o xurado ditaminou que Álvaro Méndez e María Pájaro fosen escollidos como gañadores polo que o premio de 500 € foi repartido entre ambos a partes iguais. Álvaro Méndez presentou un decorado colgante na súa vivenda e tamén unha decoración do Apalpador estando o xardín decorado con luminarias navideñas. Pola súa banda, María Pájaro presentou unha decoración navideña feita a man con artigos como troncos de madeira con luminarias e tamén un colorido cordón de luces que se colocou na fachada.
No casco urbano o gañador foi a comunidade de veciños A Solaina, que recibirán 500 € tras decorar a fachada do seu edificio simulando unha árbore de Nadal xigante con luces e de 4 pisos de altura. O segundo posto foi para Juana María López, que recibirá 300 € tras decorar o balcón da vivenda cunha serie de casiñas feitas a man as cales tiñan iluminación por dentro. En terceiro lugar, e quen recibirá 200 € será Mª Concepción Vázquez, quen presentou unha decoración cun Papá Noel colgado do balcón e unha decoración de parede na que se pode apreciar a frase “llegó la navidad”.
Xa fora dos tres primeiros postos, en cuarto lugar está Ángela Graña, quen recibirá 100 € tras decorar a balconada da súa vivenda cunha escaleira que chegaba ata o tellado e un Papá Noel colgado da mesma, ademais estaba composto por unha decoración lumínica que lle proporcionaba cor á imaxe. En quinto lugar está o balcón de Luisa Zuluaga, quen recibirá 100 € tras decorar o seu balcón cunhas figuras navideñas e caramelos xigantes decorados con luz. En sexto lugar está Norma Fernández quen recibirá tamén 100 € tras decorar a súa xanela cunhas piñas naturais e un alumeado para darlle cor á composición. A entrega de premios será o vindeiro luns 9 ás 11.00 horas no hall do Concello.
Este II Concurso Navideño de Balcóns e Xanelas, organizado polo Concello, a través da Concellería de Comercio que dirixe Karen Fernández, continúa este ano como unha das novidades programación de Nadal. Ten como obxectivo incentivar a participación cidadá na decoración de luces e adornos navideños en balcóns e fiestras dos inmobles emprazados no municipio, a fin de contribuír a dar un ambiente festivo nestas data ao tempo que incentivar a creatividade.