O Concello de Lalín, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe César Reboredo, pon en marcha desde a Oficina Agraria, unha nova campaña de repoboación forestal 2022 “50.000 árbores +” para continuar promovendo o coidado dos nosos bosques e do medio ambiente.
O Concello de Lalín, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe César Reboredo, pon en marcha desde a Oficina Agraria, unha nova campaña de repoboación forestal 2022 “50.000 árbores +” para continuar promovendo o coidado dos nosos bosques e do medio ambiente.
O edil delegado informa que “as persoas interesadas en participar nesta xa 24 edición desta campaña poderán conseguir os lotes de árbores aboando o seu importe na entidade ABANCA ata o 15 de febreiro e deberán presentar o correspondente xustificante de pago para recoller as árbores adquiridas o día 18 de febreiro ás 12.00 horas na entrada do Lalín Arena”.
O lotes que se poderán adquirir son:
- Lote nº 1: 2 castiñeiros enxertados: 25€
- Lote nº 2: 5 nogueiras e 2 abeleiras: 20€
- Lote nº 3: 2 maceiras enxertadas, 1 pereira enxertada, 1 amexeira enxertada e 1 cerdeira enxertada: 20€
- Lote nº 4: plantas ornamentais: 1 acivro, 1 rosal, 2 camelias xapónicas e 1 azalea xapónica: 25€
A plantación destas árbores debe facerse no municipio de Lalín, sendo esta responsabilidade do comprador do lote.
Reboredo recorda que o pasado ano se distribuíron á veciñanza 956 árbores ao abeiro desta campaña que supuxo un incremento respecto ao do ano 2020 (594 árbores). Lembra a influencia positiva que ten a plantación de árbores na loita contra o cambio climático e no coidado do noso medio polo que anima á veciñanza á participación nesta iniciativa municipal.
“50.000 árbores +” é unha campaña de repoboación forestal do Concello que foi iniciada en 1994 e que se desenvolveu desde esa data todos os anos agás os do mandato anterior. Esta edición fai a número 24.