Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
MÁXIMA SUBVENCIÓN DA PROVINCIA PARA O PROXECTO DO NOVO CEMITERIO “FRAGA DO ALÉN”

Lalín é o municipio da provincia máis beneficiado do plan Reacpon cunha achega de 1,35 millóns de euros para o proxecto de ampliación do cemiterio da Romea denominado “Fraga do Alén”.

Lalín é o municipio da provincia máis beneficiado do plan Reacpon cunha achega de 1,35 millóns de euros para o proxecto de ampliación do cemiterio da Romea denominado “Fraga do Alén”. Esta iniciativa suporá un investimento total de 1,8 millóns de euros sumando a achega municipal a este ambicioso proxecto que está chamado a converterse nun dos mellores cemiterios de Galicia.

Un proxecto moi necesario -porque a capacidade do actual cemiterio está practicamente esgotada-, vangardista e integrador que, deseñado polos lalinenses, Martín Toimil e José Abel Mato, levará por nome “Fraga do Alén”.

Será un singular parque-cemiterio, emprazado nos terreos contiguos ao actual cemiterio da Romea, cunha zona de paseo para a xente, con árbores autóctonas e totalmente alimentado con enerxías renovables, entre outros aspectos innovadores. Un proxecto transformador e ilusionante na que o grupo de goberno levaba traballando moito tempo para facer un gran proxecto e para telo preparado en tempo e forma.

km0