NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN LALÍN O MÉRCORES 16 DE ABRIL E O SÁBADO 19 DE ABRIL - Concello de Lalín - lalin.gal

Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN LALÍN O MÉRCORES 16 DE ABRIL E O SÁBADO 19 DE ABRIL

  • Noelia Seijas anima á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a salvar vidas

  • A unidade móbil estará instalada na Praza da Igrexa o mércores 16 de abril todo o día, en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 21 horas e o sábado 19 de abril, en horario de 10.30 a 14.30 horas

A concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, informa que “a Axencia de doazón de órganos e sangue desenvolverá unha nova campaña de doazón de sangue en Lalín baixo o lema Non perdas este bus. Doa Sangue o mércores, 16 de abril, de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, na Praza da Igrexa, e o sábado 19 de abril, de 10.30 a 14.30 horas. A unidade móbil estará instalada ambos días na Praza da Igrexa.

Seijas fai un chamamento “á participación da veciñanza nestas campañas, contribuíndo a salvar vidas con este xesto solidario, que permite enviar compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano, porque ademais cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais galegos”.

Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que esperar 2 horas. Deberase levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e presentar informe médico se se está a tomar algún medicamento. Precísase ter más de 18 anos e pesar máis de 50 kg.

km0