O CEIP XESÚS GOLMAR COMPLETA A RENOVACIÓN INTEGRAL DA ANTIGA CASA DO CONSERXE QUE SE VAI DESTINAR A ALMACÉN DO COLEXIO - Concello de Lalín - lalin.gal

Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CEIP XESÚS GOLMAR COMPLETA A RENOVACIÓN INTEGRAL DA ANTIGA CASA DO CONSERXE QUE SE VAI DESTINAR A ALMACÉN DO COLEXIO
  • A concelleira de Educación visitou esta mañá coa directora do centro esta actuación, recén finalizada, coa que se dá resposta a unha petición que se viña facendo desde o colexio hai aproximadamente dous anos

A concelleira de Educación, Begoña Blanco, sinala que “esta mañá visitamos coa directora do CEIP Xesús Golmar as obras finalizadas da reforma integral da antiga casa do conserxe onde se habilitaron espazos máis amplos e diáfanos no interior; se substituíu a cuberta por unha nova; se cambiaron as baixantes e a plaqueta; se acometeu a pintura anterior; tapiáronse as ventás e abríronse outras novas ademais de cambiarse por completo a plaqueta”.

Begoña Blanco remarca “que este local, perfectamente adecuado, vaise destinar a almacén, posto que o centro actualmente non tiña zona onde gardar o material”. “Con esta actuación que acometemos conxuntamente entre o Concello e o centro educativo dáse reposta a unha petición que se viña facendo desde o colexio hai aproximadamente dous anos”, afirma.

A concelleira tamén sinala que actualmente se están executando diversas actuacións nos colexios de Prado, Vilatuxe e Cercio.

km0