Os centros que desexen asistir deberán facelo con cita concertada enviando un correo electrónico á Concellería de Cultura e Educación ao enderezo a bego.blanco@lalin.gal
A concelleira de Educación e Cultura explica que o obxectivo é presentarlle ao conxunto do alumnado de Lalín, Deza e zona de influencia a oferta formativa da que dispoñen e guialos na elección do seu itinerario formativo
Resalta a boa acollida que tivo a primeira edición e sinala que esta segunda desenvolverase en horario de 9 a 14 e de 17 a 18.30 h no Auditorio
O martes, 29 de abril, o Concello de Lalín desenvolverá a “II Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de Lalín”, co obxectivo de presentarlle ao conxunto do alumnado de Lalín, da Comarca de Deza e da zona de influencia, a oferta formativa da que dispoñen, tanto universitaria como de ciclos formativos de Formación Profesional, etc., a fin de que guialos na elección do seu itinerario formativo e, polo tanto, do seu futuro académico e profesional. Así o avanzou a concelleira de Educación e Cultura, Begoña Blanco, que incide “na boa acollida da iniciativa na súa primeira edición, con carácter experimental, e concreta que esta segunda terá lugar no Auditorio en horario de 9 a 14 de 17 a 18.30 horas”.
“Os centros que desexen asistir deberán anotarse enviando un correo electrónico enviando á Concellería de Cultura e Educación a bego.blanco@lalin.gal”, sinala.
Programación de actividades en Lalín en abril
Unha Feira de Orientación que conforma parte da programación de actividades en Lalín para o mes de abril no que tamén se celebran as seguintes iniciativas:
-
Martes 1 de abril: Inauguración do curso de dieta saudable da Uned impartido por Vanessa Taboada. 17.30 horas na Uned. Finaliza o 27 de maio.
-
Venres 4, sábado 5 e domingo 6: Motococido (campo da Feira de Lalín).
-
Sábado 5:
-
-
Conferencia de saúde da Dra. Dolores Varela Costa co título “Patoloxía dexenerativa de columna cervical e lumbar”. 12 h. Edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero.
-
Acto conmemorativo a Victorino Gutiérrez Aller. 13.30 h. Diante do edificio da Notaría.
-
Monólogo: Isi! Ponte con monadas... do cómico ISI. 19 h. Salón Teatro. Entrada: 5 euros.
-
-
Xoves 10:
-
Monólogo “Eso no es sexo” de Marina Marroquí. 20 h. Salón Teatro. Gratuíto. Actividade organizada pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e financiada polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
-
-
Venres 11: Audición clarinetes do CMUS Profesional de Lalín. 18 h. Salón Teatro.
-
Sábado 12:
-
II Serán de Gresande. 17.30 h no campo da festa.
-
Monólogo “Parasimpáticas” de Lucía Veiga e Marita Martínez. 19 h. Salón Teatro. Entrada: 5 euros.
-
-
Sábado 12 e domingo 13: XXXV Feira do Cabalo. No mercado de gando.
-
Sábado 19 e domingo 20: IV Open de Petanca Internacional.
-
Mércores 23: Presentación do disco “De Través” de Fernando Raña Barreiro para frauta traveseira. 18 h no Salón Teatro.
-
Venres 25: Teatro #Influencers de Negro López. 21 h no Salón Teatro. Entradas: 5 euros.
-
Sábado 26:
-
Obradoiro de pandeiro afinable. 16 h no Edificio Sociocultural. Sempre que se xunte un grupo mínimo de 10 persoas. Custo: 169 euros.
-
Festival de Bandas Infantís e Xuvenís da Banda de Lalín. 18 h. Sala Tuno Valdés.
-
Monólogo “Sobre Rodas” de Pepo Suevos. 19 h. Salón Teatro. Entrada: 5 euros.
-
-
Domingo 27:
-
XI Festival de Corais da Coral de Lalín. 18 h. No Salón Teatro.
-
-
Martes 29: II Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de Lalín. De 9 a 14 h e de 17 a 18.30 h no Auditorio de Lalín.