O CONCELLO DE LALÍN RECIBE DA XUNTA NOVO MATERIAL LOXÍSTICO DE SEGURIDADE VIARIA - Concello de Lalín - lalin.gal

Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO DE LALÍN RECIBE DA XUNTA NOVO MATERIAL LOXÍSTICO DE SEGURIDADE VIARIA
  • Foi nun acto no que participaron o sábado o concelleiro Pablo Areán, o xefe do servizo de Emerxencias Lalín e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O concelleiro responsable de Protección Civil, Pablo Areán, acompañado do xefe do servizo de Emerxencias Lalín, Víctor Blanco, e do presidente da Asociación de Voluntarios de Protección Civil, José Antonio Quintana, desprazáronse o pasado sábado ata A Estrada, á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), para recoller novos materiais para este servizo municipal concedidos pola Xunta de Galicia. Foi nun acto no que tomou parte o presidente da Xunta e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no que fixeron entrega de novos equipos a 87 concellos con agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

O Concello de Lalín recibiu kits de material loxístico de seguridade viaria compostos por 1 mampara de protección visual pregable, lixeira e de fácil instalación para protexer visualmente un espazo concreto como barreira protectora da intimidade; 2 soportes telescópicos antivento pregables e un pack de sinalización composto por 10 sinais de tráfico (2 paquetes iguais de sinais con cinco lendas diferentes para colocar no soporte); 15 unidades de tetrápodos de punta foca con reflectantes e 1 maletín de balizas sincronizables para sinalización con batería de litio recargable e 4 lanternas de sinalización para Emerxencias; 1 maletín de balizas sincronizables para sinalización con batería de litio recargable e 4 lanternas de sinalización para Emerxencias.

Material que servirá para reforzar os medios municipais, permitindo unha mellor resposta en situacións de seguridade e protección.

 

km0