O CEIP MANUEL RIVERO RECIBE AS “MALETAS VIAXEIRAS” - Concello de Lalín - lalin.gal

Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CEIP MANUEL RIVERO RECIBE AS “MALETAS VIAXEIRAS”
  • Esta actividade de dinamización lectora estivo xa na EEI de Donramiro e no CEIP Xoaquín Loriga de Prado e no CEIP Xesús Golmar

As “Maletas Viaxeiras” xa se atopan no CEIP Manuel Rivero, onde permanecerán por espazo de un mes, a fin de que o alumnado do centro poida traballar, coordinados polo seu profesorado, con estes materiais de lectura.

Trátase dunha actividade de dinamización lectora e fomento deste hábito entre o alumando. A maleta inclúe unha selección de materiais claves á hora de abordar as aprendizaxes en materia de lectura. O préstamo destes proxecto de libros itinerantes é gratuíto e está dispoñible para todos os centros educativos.

Cómpre indicar que nos últimos meses “As Maletas Viaxeiras” estiveron na Escola de Educación Infantil (EEI) de Donramiro, no CEIP Xoaquín Loriga de Prado e no CEIP Xesús Golmar.

km0