- O edil de Agricultura solicita a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba e terra, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación. Fóra desas datas non se poderán deixar
O mércores 12 de marzo terá lugar a recollida de plásticos de silos agrícolas do Concello de Lalín na zona 1 (Noceda, Anzo, Losón, Busto, Madriñán, Méixome, Santiso, Bermés, Prado, Bendoiro e Filgueira) que xa estes días (desde o 8 ata o 11 de marzo) que estiveron depositando a veciñanza nos correspondentes puntos de acopio (xunto ao centro social de Losón, xunto ao centro social de Anzo, xunto ao centro social de Méixome, no campo da festa de Noceda, no campo da festa de Bermés e en Cardexía na finca de Vila fronte á pista que vén do Toxo).
Iníciase así unha nova campaña de recollida de plásticos de silos agrícolas do Concello de Lalín, que se fará, como vén sendo habitual, polas distintas parroquias, distribuídas en tres zonas de recollida, explica o edil de Agricultura, Marcos Mariño.
Así durante as xornadas do 16, 17, 18 e 19 de marzo poderanse depositar os plásticos nas parroquias de Catasós, Vilanova, A Xesta, Barcia, Anseán, Gresande, Cristimil, Soutolongo, Botos, Moneixas, Zobra, Lebozán, Vilatuxe, Lodeiro, Doade, Donsión e Donramiro. O día de recollida será o xoves 20 de marzo e os puntos de acopio son: xunto ao centro social de Catasós, estrada Lalín-A Xesta (antes da ponte da autoestrada), xunto ao centro social de Donsión, xunto ao centro social de Vilatuxe, xunto ao centro social de Lebozán, xunto ao cruceiro de Doade, no aparcamento da igrexa en Sampaio, na cooperativa de Botos, na cooperativa Campodeza en Gresande, na Praza de Vilar en Soutolongo, na vía de servizo preto do aserradeiro de Moneixas e xunto ao monolito do Agro de Zobra.
Os días 22, 23, 24 e 25 de marzo terá lugar a recollida de plásticos na zona de Lalín de Arriba, Xaxán, Goiás, Maceira, A Veiga, Sello, Fontecabalos, Erbo, Albarellos, Castro, Alemparte, Alperiz, Parada, Cadrón, Muimenta, Carballeda, Galegos, Cercio, Palio, Rodís, Cangas, Cello, Palmou, Camposancos e Val. A recollida será o mércores 26 de marzo.
O edil de Agricultura precisa que “é importante recordar que os plásticos deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar nin os cordeis, nin sacos big bags, nin garrafas, nin rodas e tampouco se poderán deixar os plásticos fóra desas datas”.
No caso de depositar residuos nestes lugares diferentes aos plásticos de silo poderá ser sancionado con multas de ata 750 € de acordo ao artigo 67 da ordenanza de medio ambiente e limpeza do Concello de Lalín.
Desde o Concello solicítase a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación.