-
A entrega de premios tivo lugar o sábado, 8 de Marzo, ás 20.30 h no vestíbulo do Concello
Beatriz Rodríguez Varela pola empresa Aer; María Jesús Vilanova Torres pola empresa Bazar-Droguería Agra e Olalla Garra Crespo, deseñadora e ilustradora, resultaron gañadoras do XIX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2025, promovido polo Concello, a través das Concellerías de Igualdade e Comercio do Concello de Lalín con motivo do 8 de Marzo “Día Internacional da Muller” e dirixido a distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e profesional das mulleres lalinenses no 2025, de acordo ás bases reguladoras aprobadas en xunta de goberno local o 24 de xaneiro de 2025 (publicado o seu texto íntegro no BOP nº 19 de 29/01/2025 e extracto da convocatoria no BOP nº 22 de 3/2/2025).
Este premio nace coa finalidade de difundir as achegas das mulleres lalinenses á sociedade, promovendo a transformación de estereotipos sexistas e rachando coas situacións de discriminación por razón de xénero, así como para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo un labor importante e relevante no ámbito da igualdade de oportunidades a fin de que sirva de exemplo para toda a sociedade, especialmente para as novas xeracións de mulleres.
Os ditos premios foron entregados nun acto público que tivo lugar o sábado, 8 de Marzo, ás 20.30 h, no vestíbulo do Concello, que se enmarca dentro das actividades do Concello de Lalín organizadas con motivo do “Día Internacional da Muller”.
Cómpre destacar que o xurado escolleu as candidaturas gañadoras entre o total de 15 candidaturas presentadas, no transcurso dunha reunión celebrada o 27 de febreiro. As candidaturas foron valoradas por un xurado nomeado ao efecto, formado por concelleiros/as, persoal técnico de diferentes áreas municipais e por representantes do tecido asociativo e empresarial de Lalín, presidido pola concelleira de Política Social e cuxa secretaría foi desempeñada pola axente de Igualdade.
Beatriz Rodríguez Varela, pola empresa Aer, recibirá o premio na categoría de “Xove Empresaria”. O xurado acordou tamén outorgar o Premio “Dna. Maruja Gutiérrez” na modalidade de “Toda unha vida” a María Jesús Vilanova Torres pola empresa Bazar-Droguería Agra e a Olalla Garra Crespo, deseñadora e ilustradora, na categoría de traxectoria de “Mulleres en movemento”.
O histórico de gañadoras nas dezaoito edicións desenvolvidas ata a de hoxe suma preto de setenta mulleres lalinenses recoñecidas co “Dna. Maruja Gutiérrez”.
RESEÑA PREMIADAS DO XVIII PREMIO ÁS MULLERES
“DNA. MARUJA GUTIÉRREZ” 2025
Premio XOVE EMPRESARIA:
Beatriz Rodríguez Varela, CEO da empresa Aer
Beatriz naceu en Ourense en 1988 cando os seus pais lalinenses estaban afincados nesa cidade por motivos laborais. Desde o seu nacemento padeceu unha enfermidade respiratoria derivada do ambiente da cidade, o que precipitou que desde pequeniña se mudase xunto coa súa familia a Sello, á aldea natal da súa nai, onde a sandaría o aire puro do campo. Residiu en Sello ata finalización dos seus estudos de Bacharelato, facendo notables sempre a súa presenza académica e social, participando activamente na música e no deporte.
Coa maioría de idade mudouse a Barcelona onde comezou estudos de Arquitectura, que lle proporcionaron coñecementos de deseño, fotografía, informática e habilidades de capacidade de observación, traballo en equipo, etc. A súa estancia na urbe proporcionoulle tamén o achegamento ao voluntariado e á importancia de contribuír activamente á sociedade.
Nesta etapa, tamén por razóns de saúde, decide replantexarse o estilo de vida e optar a unha vida sa no campo, volvendo á terra onde medrou. Así nace Aer, unha granxa ecolóxica e rexenerativa.
Aer, “aire” en latín reflicte por unha banda o recurso vital cuxa calidade e dispoñibilidade se ven comprometidas polo ritmo da vida urbana, a falta de espazos verdes, en contraste coa frescura do aire limpo das aldeas lalinenses. E tamén reflicte a sinerxía entre o ser humano e natureza, á vez que lazo entre pasado, presente e futuro.
Aer é máis que unha granxa ecolóxica; é un proxecto complexo e completo, formado por sucesivas capas: a través das redes sociais e os medios busca desestigmatizar o rural para que novas persoas e animen a coñecelo e incluso a emprender nel; o cultivo de vexetais e a produción de carne e outros produtos animais en ecolóxico buscar proporcionar aos nosos veciños unha dieta rica e variada; a realización de actividades na granxa permite o achegamento de persoas de dentro e fóra da nosa provincia ao rural lalinense; a inscrición no CRAEGA supón o investimento en I+D buscando sempre a optimización do recursos do noso entotno, entre outras iniciativas que desenvolve. Tamén colabora con entidades como Fademur que supón unha conexión constante con mulleres rurais ou que queren emprender no rural.
Co seu retorno á aldea Beatriz Rodríguez tamén comezou a participar moi activamente na cohesión veciñal de Sello, colaborando coa asociación de mulleres e axudando a poñer en marcha unha nova asociación de veciños.
Premio TODA UNHA VIDA:
María Jesús Vilanova Torres, xerente de Bazar-Droguería Agra
Muller que dedicou a súa traxectoria ao mundo rural. Desde a súa infancia estivo vinculada ao campo e á gandería. Tamén cómpre destacar a súa traxectoria no ámbito do comercio e a administración.
Nada en Galegos (Lalín) realizou estudos de administrativo en Santiago. Fundadora e xerente de Agra desde 1991 á actualidade, dedicada ao bazar e á droguería. Destaca pola súa capacidade de emprendemento e liderado, polo coñecemento do sector agrícola e gandeiro e pola capacidade de adaptación e resolución de problemas, así como pola capacidade de compaxinar a súa vida familiar coa actividade profesional. Gran compromiso co desenvolvemento do mundo rural.
Premio MULLERES EN MOVEMENTO:
Olalla Garra Crespo, deseñadora e ilustradora
Persoa inqueda e dinámica desde sempre. Cursou o Grado Superior de Deseño de Moda na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela onde adquiriu coñecementos non só de moda senón de deseño, incluído deseño gráfico.
Participa en talleres e desfiles, engadindo a obtención da Carta de Artesá que a leva a participar en feiras e mostras de artesanía.
Noutra orde de cousas o deseño gráfico conduciuna á ilustración de libros e carteis entre outros porque o debuxo é unha das súas grandes paixóns, como demostrou a través das diversas exposicións e traballos. Intenta aproveitar todo o seu tempo facendo cousas e ultimamente descubriu que a creación propia e de produtos personalizados lle entusiasma, un novo proxecto que ten para o futuro.
Desde nena e ata o momento sente a necesidade de estar en continuo movemento e en constante aprendizaxe.
GAÑADORAS DO PREMIO ÁS MULLERES
“Dna. Maruja Gutiérrez” 2007-2024
2007:
-
DNA. OFELIA CALVIÑO FERNÁNDEZ, pola empresa “Fotografía e tendas Bernabé, S.L.”
-
DNA. ÉLIDA RODRÍGUEZ QUINTEIRO, pola empresa “Géneros de punto Montoto”
2008:
-
Xoven Empresaria: DNA. Mª JESÚS SENRA GAMALLO, pola empresa “Fogar Santa Rita”
-
Empresaria Innovadora: DNA. Mª FE BLANCO GONZÁLEZ, pola empresa “E- reciclaxe de cartuchos”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. TERESA FERNÁNDEZ LALÍN, pola empresa “Peluquería Maykel”
-
Premio especial a título póstumo: DNA. CARMEN LÓPEZ, pola empresa “Mercería Carmiña”
2009:
-
Xoven Empresaria: DNA. PATRICIA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, pola empresa “Eduvía”
-
Empresaria Innovadora: DNA. Mª JOSÉ FAÍLDE VILAR, pola empresa “Ginkgo Biloba”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: Dna. Mª FE NOVOA CUÑARRO, pola empresa “Perfumería Fegus, S.L.”
2010:
-
Xoven Empresaria: DNA. Mª FE FONTÁN SUÁREZ, pola empresa “Clinident, S.L.”
-
Empresaria Innovadora: DNA. Mª PILAR FERNÁNDEZ COSTOYA, pola empresa “ Agrodeza”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. NÉLIDA CASTRO GRANJA, pola empresa “Nélida Castro Granja, S.L.”
2011:
-
Mulleres en Movemento: DNA. TERESA BLANCO ÁLVAREZ, polo seu labor social e dedicación.
-
Xoven Empresaria: DNA. PAULA BELOSO DAPARTE, pola empresa “Centro de
Ensino Beloso”.
-
Empresaria Innovadora: DNA. CONCHA PENAS REY, pola empresa “Excavaciones Vilariño Deza S.L.”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. VICTORIA CASTRO DOBARRO, pola empresa “Victoria Castro S.L.”
2012:
-
Mulleres en Movemento: DNA. ESPERANZA GONZÁLEZ NOVOA, Presidenta da Asociación “Cabaleiros do Deza”
-
Xoven Empresaria: DNA. MÓNICA CUIÑA DOVAL e DNA. Mª JOSÉ FUENTES GARCÍA, da empresa "Micapeca”
-
Empresaria Innovadora: DNA. HORTENSIA RIELO SÁNCHEZ, da empresa "Perfumería Hortensia"
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. Mª PAZ CUÑARRO CARBALLUDE, da empresa " Librería Dalvi"
2013:
-
Mulleres en Movemento: DNA. ANA BELÉN GARCÍA GONZÁLEZ, Delegada da Asociación do pobo saharuaí en Lalín Deza.
-
Xoven Empresaria: DNA. ESTHER Mª BLANCO SOUTO, da empresa “Autocares Presas”
-
Empresaria Innovadora: DNA. ÁNGELA GARCÍA DEL CUETO, da empresa "Los dulces de Ángela”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. Mª ROSARIO LEÓN BENÍTEZ da empresa “NAVAZA pastelería-bombonería”
2014:
-
Mulleres en movemento: ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL " MÁISQUEDANZA "
-
Xoven Empresaria: DNA. MARGARITA GALLEGO FERNÁNDEZ, da empresa " Academia Bridge´s School "
-
Empresaria Innovadora: DNA. Mª INÉS PORTELA OTERO, da empresa "Fernández - Portela, S.C."
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. ODILA FERNÁNDEZ BUJÁN, da empresa " Paquetería Mario"
2015:
-
Mulleres en movemento: DNA. BEATRIZ FERRADÁS GALLEGO, pola súa labor, solidaria e altruísta en favor das persoas máis necesitadas.
-
Xoven Empresaria: DNA. INÉS E PIEDAD FUENTES CAMBA, da empresa "Alda - nenos"
-
Empresaria Innovadora: DNA. ANA ISABEL RODRÍGUEZ DÍAZ, da empresa "ANIMALIA - Centro veterinario"
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. CONCEPCIÓN GONZÁLEZ LÓPEZ, da empresa "Lencería Lilas"
2016:
-
Mulleres en movemento: DNA. BÁRBARA NAVAZA, pola súa labor social, solidaria, intercultural e investigadora na promoción da saúde e na promoción da igualdade.
-
Xoven Empresaria: DNA. ROSA HERNÁNDEZ FACAL, pola empresa “LA TAZA DULCE”
-
Empresaria Innovadora: DNA. MARISOL REY PEREIRO, pola empresa “PIZZA PARK, S.C
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. CONCEPCIÓN LAMAZARES GONZÁLEZ, pola empresa “RESTAURANTE AGARIMO”
2017:
-
Mulleres en movemento: DNA. MARÍA BLANCO LÓPEZ, pola súa labor social e solidaria.
-
Xoven Empresaria: DNA. CRISTINA MARTÍNEZ HERNÁNDEZ, pola empresa “IT´S ONLY”
-
Empresaria Innovadora: DNA. RAQUEL DOALLO ÁLVAREZ, pola empresa “Cestola na Cachola”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. DOLORES SOTO VILLAVERDE, pola empresa “Casa Sanmartín” (O Corpiño)
2018:
-
Mulleres en movemento: ABELLONAS - CLUBE RUGBY CORETI LALÍN, pola súa labor social, pola promoción do rugby e dos seus valores cara á igualdade.
-
Xove Empresaria: DNA. ROCÍO IGLESIAS RODRÍGUEZ, pola empresa “ROCÍO IGLESIAS-NAIL´S BEAUTY & CARE”
-
Empresaria Innovadora: DNA. SUSANA AGUIAR CARRAL, pola empresa “KALEKÓI, S.L.”
-
Traxectoria profesional “toda unha vida”: DNA. DORINDA CASTRO LÓPEZ, pola empresa “BAR AIRIÑOS”
2019:
-
Mulleres en movemento: Asociación Cultural Scene Ballet Dance do Deza.
-
Xove Empresaria: DNA. Elisa Abeledo Vilar, pola empresa “Zapatería Huella”
-
Empresaria Innovadora: DNA. Sandra Vilar Frade, pola empresa “El vestidor de Chloe”
-
Traxectoria “toda unha vida”: DNA. Carmen Amorín Presas, DNA. Mª Carmen Batán Amorín, e DNA. Mirian López Batán, pola empresa “Mariany Infantil”
2020:
-
Mulleres en movemento: DNA. VANESA INSAURRALDE RAMÍREZ, por CENTRO COUCHING DEPORTIVO ETP.
-
Xove Empresaria: DNA. AIDA SOTO MAZÁS, pola empresa NELA’S TREND
-
Empresaria Innovadora: DNA. VANESSA TABOADA SANTÍN, pola empresa VANESSA TABOADA DIETISTA.
-
Traxectoria “toda unha vida”: DNA. Mª DOLORES CURRÁS MIGUÉLEZ, pola empresa RESTAURANTE A PONTE – BOTOS.
2021:
-
Mulleres en movemento: DNA ROCÍO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ polo seu labor social.
-
Xove Empresaria: DNA. EVA FUENTES SENRA pola empresa Gandeiría Xoco S.C..
-
Empresaria Innovadora: DNA. VERÓNICA LADO LANÇAO E NATALIA GONZÁLEZ COEGO pola empresa Educalecrín S.C.
-
Traxectoria “toda unha vida”: DNA. Mª EVA PAZ AGUIAR do “Bar Rosaleda”.
2022:
-
Mulleres en movemento: Dna. Marta Varela Fernández, é a 1ª ÁRBITRA DE RUGBY GALEGA EN REXIONAL, por visibilizar ás mulleres neste deporte e rachar cos roles e estereotipos de xénero.
-
Xove Empresaria: Laura Galego Vázquez, pola empresa LAURA GALEGO CLÍNICA DENTAL.
-
Empresaria Innovadora: Equipo de Dirección SUPERNOVA ASISTENCIAS S.L.U.
-
Traxectoria “Toda unha vida”: Luisa Rodríguez Rodríguez, pola empresa TABERNA DE PENALTA.
2023:
-
Xove Empresaria: Raquel Fernández e Ana Blanco, pola empresa “Mel e Canela Alimentación Sostible”.
-
Traxectoria “Toda unha vida”: Carmiña García Varela de Bodegón A Cunca.
-
Mulleres en movemento: Equipo Feminino GTR- Galaico Trail Run.
2024:
-
Xove Empresaria: Laura Calvo Cobela pola “Clínica Laura Calvo”
-
Traxectoria “Toda unha vida”: Gumersinda Isabel Couso Carballude
-
Mulleres en movemento: Marta Maceira Ansedes, pola empresa Studio78Dance&Fitness