-
Anímase a veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a salvar vidas
-
A unidade móbil situarase na Praza da Igrexa o venres en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 21 h e o na Praza de Galicia, a carón do Concello, o sábado, de 10.30 a 14.30 h
A concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, informa que “a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desenvolverá unha nova campaña de doazón de sangue en Lalín baixo o lema Non perdas este bus. Doa Sangue o venres 14 de marzo, de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, na Praza da Igrexa, e o sábado 15 de marzo, de 10.30 a 14.30 horas na Unidade Móbil da Praza de Galicia, a carón do Concello.
Seijas fai un chamamento “á participación da veciñanza nestas campañas, contribuíndo a salvar vidas con este xesto solidario, que permite enviar compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano”.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que esperar 2 horas. Deberase levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e presentar informe médico se se está a tomar algún medicamento. Precísase ter más de 18 anos e pesar máis de 50 kg.