LALÍN PREPÁRASE PARA O ENTROIDO CUNHA FIN DE SEMANA CON VERMÚ DAS SEÑORITAS, EMPORCARTE, COCIDO DAS ARTES E ENTROIDO DA CACHARELA - Concello de Lalín - lalin.gal

Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
LALÍN PREPÁRASE PARA O ENTROIDO CUNHA FIN DE SEMANA CON VERMÚ DAS SEÑORITAS, EMPORCARTE, COCIDO DAS ARTES E ENTROIDO DA CACHARELA
  • Unha programación que é resultado do traballo veciñal e de asociacións culturais lalinenses como a Asociación Cultural O Naranxo e a Asociación de Veciños da Cacharela, de establecementos hostaleiros como Currás ou O Asubío, do Pontiñas Centro Comercial, así como da colaboración do Concello

  • O luns pola tarde terá lugar a Festa do Entroido para a cativada na carpa do Cocido e o martes de Entroido haberá pasarrúas de Cabezudos e música do grupo Repenicando xunto co Concurso de disfraces no Pontiñas Centro Comercial

 

  • Ademais o luns día 3, de 16:30h a 17:30h, haberá espectáculo sen música para cativos e cativas con dificultades cognitivas.

Tras a 57ª Feira do Cocido, Lalín prepárase para celebrar o Entroido o venres 28 de febreiro, o sábado 1 de marzo, o domingo 2, o luns 3 e o martes 4 de marzo con diversas actividades entre as que se atopan a Festa de Entroido para a cativada na carpa do Cocido, actuacións musicais, obradoiros, pasarrúas e as tradicionais celebracións organizadas por asociacións veciñais e culturais ás que se suman concurso de disfraces e outras actividades promovidas polo Pontiñas Centro Comercial.

Unha programación de Entroido que é resultado do traballo veciñal e cultural de asociacións como O Naranxo e a Asociación de Veciños da Cacharela, de establecementos hostaleiros como O Currás ou o Asubío, do Pontiñas Centro Comercial, así como da colaboración por parte do Concello a través da Concellería de Cultura.

O venres 28 de febreiro terá lugar unha chocolatada das Señoritas, organizada polo Pontiñas Centro Comercial, en colaboración con Aspadeza.

O sábado de Entroido (1 de marzo) a programación abrirase ás 12 horas co Vermú das Señoritas diante do café Camilo coa Bendición do Santo Torrisco, organizada pola Asociación O Naranxo. Ás 12.30 horas actuará Pachi Show, actuación organizada por  O Asubío e Currás.

Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas actuará a Charanga Mekanika na Praza da Igrexa

e as 20 h Djs para rematar a festa.

Tamén o sábado 1 de marzo ás 13 horas terá lugar no Museo Municipal “Ramón Mª Aller” a exposición colectiva da XIII EmporcARTE na lembranza de Meijomence e Alexandro, a posterior “Ofrenda ao Porco” e o Cocido das Artes no que participarán preto dun cento de comensais.

Un total 50 artistas participarán nesta XIII EmporcARTE, procedentes de toda Galicia, entre os que se atopa unha chinesa residente en Lugo: Eduardo Meijomence; Alexandro; Paco Pestana; Soledad Penalta; Ruth Lodeiro; Quintana Martelo; Diego de Giráldez; Lomarti; Tareixa Taboada; Acisclo Manzano; Paio; Isabel Alonso; Abel Barandela; Ehlaba: Nicolás González Aller; Ricardo Ferreiro; Xan Paz; Mitra; Luis Ferreiro “O Vila”; Mariña Paz; Jesús Otero; Carmen Payo; Aitana Iglesias; Noa Blanco; Marisa Miguélez; Iria Eijo Martínez; Olalla Garra; J. Luis Abeledo “Bibí”; Carlos Santos; Adrián Penido; José Antonio Fondevila; Carmen Senande Pazos; Ángel Utrera; Ana Dobarro; Shui Long Xue Bao; Gloria Alonso; Chelo Rodríguez; Alfonso Santomé; Javier Hita; Juan Liñares; José Antonio Santomé; María Gandásegui; Sé Senande; Mercedes Paz; Tito Rodríguez ; Toño Lorenzo Guisado; Daniel Méndez Piñón; Xosé Poldras; Nolo Suárez e Deiviz Kostoya.

O domingo 2 de marzo a partir das 17 horas terá lugar o Entroido da Cacharela organizado pola Asociación de Veciños da Cacharela.

O luns 3 de marzo terá lugar a Festa do Entroido para a cativada na carpa do Cocido, que abrirá ás 16.30 horas. Haberá inchables, música, obradoiros de máscaras e maquillaxe e ás 17.30 h o espectáculo de circo con Asacocirco Show. Ademais o luns día 3, de 16:30h a 17:30h, haberá espectáculo sen música para cativos e cativas con dificultades cognitivas.

O martes de Entroido, 4 de marzo, ás 12 h terá lugar un pasarrúas de Cabezudos acompañados do grupo de Música Tradicional Repenicando e pola tarde desenvolverase o Concurso de disfraces no Pontiñas Centro Comercial Pontiñas.

km0