-
Aproveitando as obras de implementación destes servizos, acometeuse a mellora do solado das rúas do núcleo de Costoia que quedou reafirmado en formigón e o desanche do viario que vai dende Costoia ao Barreiro
-
Na visita, na que participaron unha decea de veciños, o alcalde lembrou que este núcleo conta xa cos 5 servizos básicos que o equiparan ao núcleo urbano alumeado público, traída municipal de augas, saneamento, internet e recollida de lixo
O alcalde de Lalín, José Crespo, e mailo concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitaron os lugares de Costoia e Barreiro, na parroquia de Vilanova, onde se remataron os traballos de construción do saneamento destes dous lugares e que supuxo un investimento superior aos 188.000 euros e que dará servizo ás vivendas destes dous núcleos rurais.
Ao tempo que se acometeron os traballos de construción do saneamento, que xa está operativo e ao que se poderán conectar xa os veciños que o desexen, tramitando a pertinente alta nas instalacións de Aquadeza, tamén se realizaron traballos de afirmado das rúas do núcleo de Costoia que quedaron totalmente remozadas en aglomerado que aplicou a empresa adxudicataria Construcións Vilariño.
Tamén se acometeu de xeito paralelo ás obras, e neste caso ás conexións do saneamento, o desanche do viario que comunica Costoia con Barreiro, e que está pendente de dotación do novo firme en aglomerado e tamén un pequeno rebaixe da pista para a mellor conducción das pluviais
Crespo lembrou á decena de veciños que participaron na visita que tamén poden conectarse ao servizo municipal de abastacemento de augas que xa está totalmente operativa. Aproveitou a ocasión para lembrar que os veciños deste lugar de Vilanova xa contan cos 5 servizos básicos que o equiparon á casco urbano de Lalín, ao dispor de traída municipal de auga, saneamento, recollida de lixo, internet e alumeado público.