-
Estes espónsores xunto a Estrella Galicia e GADISA colaborarán no fomento, impulso e apoio das actividades previstas ao abeiro da LVII Feira do Cocido, aos que se poderán unir proximamente novas firmas para apoiar a marca de calidade da Feira
-
A Feira suma apoios para a vindeira edición que se celebra o 23 de febreiro comprometendo estas firmas a colaboración en todos os actos e a difusión da súa imaxe promocional
O alcalde de Lalín, José Crespo, asinou nos últimos días convenios de colaboración institucional coa entidade financeira ABANCA; coa compañía tecnolóxica Avatel; coa empresa lalinense Cárnicas Anzo, e co maior grupo lácteo galego, Grupo Lence, acordos polos que estas firmas se comprometen a colaborar activamente coa 57ª edición da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro de 2025.
Estes espónsores súmanse a Estrella Galicia e GADISA con convenios en vigor para o fomento, impulso e apoios das actividades prevista ao abeiro da vindeira edición da Feira, aos que se poderán sumar novas firmas para apoiar a marca de calidade da Feira do Cocido, nunha simbiose beneficiosa recíproca.
Deste xeito, a 57ª Feira do Cocido suma patrocinios comprometendo estas firmas a súa colaboración para a vindeira edición. Dispoñer dunha serie de empresas que respaldan e que proporcionan apoio participando na Feira do Cocido de Lalín é un punto a favor no seu crecemento e ten como significado a grande importancia que acadou nas últimas edicións co seu recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional e a primeira gastronómica de España en obter esta máxima distinción, o que supón unha optimización e mellora dos recursos dispoñibles para a realización deste evento.