- No que vai de ano recibiron este detalle de benvida 54 menores de 51 unidades familiares
A concelleira de Política Social, Carmen Canda Larroy, e a edil de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Beatriz Canda, entregaron 10 cestas de benvida á natalidade pertencentes a 10 unidades familiares. As crianzas beneficiarias son residentes no casco urbano.
Estas cestas están compostas por varios produtos básicos para o coidado dos recén nacidos e como recibimento do Concello aos/ás novos/as lalinenses.
No que vai de ano presentáronse 60 solicitudes. Na primeira entrega de cestas beneficiáronse 16 menores de 14 unidades familiares, na segunda 14 menores de 14 unidades familiares e na terceira 14 menores de 13 unidades familiares.
Os requisitos para poder beneficiarse destas axudas son: ser proxenitores dunha crianza nacida durante o 2024 e estar empadroadas no Concello de Lalín todas as persoas integrantes da unidade familiar así como permanecer empadroadas durante dous anos seguintes á concesión da axuda.