Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
AS PERSOAS, ASOCIACIÓNS E EMPRESAS QUE QUEIRAN COLABORAR NA “CAMPAÑA NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE” PODEN FACELO ATA O DÍA 13
  • Carmen Canda anima á participación para que a resposta sexa igual de positiva que en edicións anteriores

  • Cinco entidades veñen de instalar puntos de recollida e outras castro súmanse con doazóns de xoguetes, xogos, bicicletas ou económicas

O Concello de Lalín mantén aberta a participación na “Campaña ningún neno e nena sen xoguete”. A concelleira de Política Social, Carmen Canda, anima “a todas as persoas, asociacións e empresas que queiran achegar o seu gran de area nesta campaña a facelo ata o venres, 13 de decembro”. As persoas que queiran cooperar nesta iniciativa solidaria deben chamar ao 986787060, ao 986780014 ou enviar un correo electrónico a eva.prieto@lalin.gal .

Carmen Canda sinala que “agardamos que unha vez máis que a colaboración de toda a comunidade solidaria de Lalín sexa igual de positiva que en edicións anteriores e entre todos/as podamos brindar a oportunidade de que os nenos e nenas das familias máis vulnerables do noso pobo reciban un agasallo novo de Nadal”.

Ata o momento, as iniciativas sociais que xa se sumaron a esta campaña Ningún neno-a sen xoguete 2024 son as seguintes:

  1. Pontiñas Centro Comercial, colocando un punto de recollida

  2. Hipermercados Gadis, colocando un punto de recollida

  3. IES Laxeiro, colocando un punto de recollida

  4. IES Ramón Mª Aller, colocando un punto de recollida

  5. Residencia DomusVi Lalín, colocando un punto de recollida

  6. Grupo de “Amigos de Lalín” tamén se suma a través dunha doazón económica que depositarán nunha xoguetería do noso municipio

  7. Asociación Recycling cunha doazón de bicicletas, triciclos e patinetes infantís

  8. Unha ducia de doazóns anónimas de xogos e xoguetes en bo estado de uso, rexistradas no Desván os martes e xoves de novembr

  9. Escola de Xadrez de Lalín a través dunha doazón económica que depositou en dúas librerías do noso concello e coa que se mercará material escolar e/ou libros de lectura


 

ONDE SE ENTREGAN AS DOAZÓNS PARA A CAMPAÑA NINGÚN NENO-A SEN XOGUETE ?

No DESVÁN MUNICIPAL sito naa Memorias dun neno labrego nº14 – baixo

CANDO?

CALQUERA MARTES OU XOVES en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h.

***Calquera persoa ou entidade que non poda achegar a súa doazón neste horario poderá concretar outra data e horario de entrega a través dos seguintes contactos: 986787060 - 986780014 – eva.prieto@lalin.gal


 

km0