Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
LALÍN ACOLLE UNHA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O ALZHÉIMER PROMOVIDA POR FADEAL E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Desenvolverase con entrada libre o xoves 12 de decembro, de 16 a 20 h, no edificio sociocultural do Manuel Rivero

  • O obxectivo deste programa “Alzhéimer de preto” é que as familias coidadoras, persoas diagnosticadas e a poboación en xeral poidan coñecer de preto a enfermidade, a súa evolución e ou as pautas para facilitar o día a día dos doentes

A concelleiras de Sanidade e Política Social, Noelia Seijas e Carmen Canda, anuncian que o xoves, 12 de decembro, Lalín acollerá unha charla formativa sobre o alzhéimer e outras demencias orientada para a familiares ou persoas coidadoras principais dunha persoa diagnosticada con alzhéimer ou dalgunha outra demencia; persoas con recente diagnóstico e para público en xeral que teña inquedanzas sobre esta enfermidade.

A xornada, baixo o título, “Alzhéimer de preto” é de entrada libre ata completar aforo e está promovida pola Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras Demencias (FADEAL) e pola Deputación de Pontevedra. Desenvolverase en horario de 16 a 20 horas no edificio sociocultural do Manuel Rivero, explican as representantes municipais, que animan á veciñanza lalinense a participar.

Na sesión, ofrecida pola psicóloga da asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Pontevedra, AFAPO, María Solla, e pola traballadora social desta mesma asociación, Lara Argibay, trataranse contidos da área sanitaria (2 horas) como diagnóstico, factores de alarma, pautas de comportamento, tratamentos farmacolóxicos e avance en investigación, así como contidos sociais (2 horas) na que se tocarán tratamentos non farmacolóxicos, recursos de apoio psicolóxico, recursos sociais e recursos xurídicos.

O obxectivo desta xornada é que as familias coidadoras, persoas diagnosticadas e a poboación en xeral poidan coñecer de preto a enfermidade, a súa evolución e ou as pautas para facilitar o día a día dos doentes, isto é, información, asesoramento e orientación a todas as persoas interesadas nesta doenza dexenerativa, atendendo especificamente ás persoas que residen no rural.

O proxecto promovido por financiado pola Deputación está xestionado a través das entidades asociadas de FADEAL, que son as encargadas de realizar as sesións informativas en todos os concellos da provincia: a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO), a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias da Comarca do Morrazo (AFAMO), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) e a Asociación de Familiares de Enfermos con Alzhéimer (AFASAL).

Afección da enfermidade

Segundo FADEAL, na provincia de Pontevedra estímase que hai 18.629 persoas con alzhéimer ou outro tipo de demencia neurodexenerativa. Na actualidade as demencias afectan ao 12,5% das persoas maiores de 65 anos e ao 31,25% das que superan os 85 anos.

Trátase dunha doenza que afecta a toda a súa contorna sociofamiliar: así, por exemplo, a persoa coidadora principal inviste unha media de 60 horas semanais nesta tarefa.

Moitas destas persoas residen en poboacións rurais e en bastantes ocasións carecen dun servizo especializado para seren atendidas.

km0