Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
PRIMEIRA REUNIÓN DO EDIL DE FESTAS COAS COOPERATIVAS E ASOCIACIÓNS PARA PLANIFICAR O DESFILE DA 57ª FEIRA DO COCIDO NO QUE SE TENTARÁ QUE HAXA UN MÍNIMO DE CATRO PARROQUIAS CON 5.300 € EN PREMIOS
  • Concelleiro e asistentes coincidiron en que cara ao futuro hai que ir facer 8 carrozas, unha por área, así como buscar financiamento externo para apoiar a realización do desfile vendo a posibilidade de que os negocios que se benefician da Feira se rotasen para patrocinar unha carroza

  • Cuñarro avanzou que xa este ano a área parroquial de Alto de Vales, coa parroquia de Catasós, organizará a Matanza Tradicional, sendo a Matanza outra das iniciativas a través das que tamén haberá que impulsar as áreas parroquias

O concelleiro de Obras, Servizos e Festas, José Cuñarro, mantivo na tarde do xoves un primeiro encontro coas asociacións e cooperativas participantes na última edición da Feira do Cocido (Cooperativa Gandeira de Botos, Cabaleiros de Lalín, Grupo de Baile Carballeira de Cercio e parroquia de Sello), para ir programando e planificando a 57ª edición da Feira que cadra en 23 de febreiro.

Houbo moi boa sintonía e os colectivos presentes amosaron receptividade e interese en tomar parte no desfile da Feira do Cocido do vindeiro ano, no que se contará con 5.300 € en premios, idéntica contía que na edición pasada, habendo un primeiro premio de 2.000€; un segundo de 1.500€; un terceiro de 1.000€; un cuarto de 500€ e un quinto de 300€.

O responsable municipal indica que os responsables das carrozas nos trasladaron que eles consideran que debería haber máis apoio externo, de forma que os negocios que se benefician da Feira e, sobre todo, do día grande, xa que o desfile é un atractivo importante, deberían patrocinar unha carroza, de xeito que se foran rotando os negocios cada ano.

Edil e asistentes ao encontro tamén coincidiron en que o ideal é ir no futuro a facer 8 carrozas, unha por área. Actualmente unha asociación xa está traballando na carroza para a LVII Feira do Cocido e agardamos que as restantes comecen en próximas datas, dada a receptividade amosada na xuntanza e tamén porque houbo colectivos que trasladaron ao concelleiro de Festas o seu interese en participar. Neste sentido Cuñarro avanzou que de cara á vindeira edición se intentará que haxa un mínimo de catro carrozas, e de aí para arriba.

O concelleiro sinala que ao facer unha carroza por área parroquia quedaría algo permanente e é un xeito de que o noso rural se vexa reflectido no noso pobo un día tan grande como é a Feira do Cocido, explica Cuñarro. Indicou así que, de acordo ás peticións que nos trasladaron as asociacións e as cooperativas, temos de cara ao futuro ver a posibilidade de facer carrozas por áreas e de buscar financiamento externo para apoiar a realización do desfile.

Así Cuñarro subliñou que este ano, xa a área parroquial de Alto de Vales, coa parroquia de Catasós, vai ser quen realizar a Matanza Tradicional do Porco, o domingo, 16 de febreiro. A Matanza é outra das iniciativas que tamén haberá que impulsar por áreas parroquias, indica.

km0