-
No marco das actividades de dinamización lectora e promoción do hábito lector que promove a Concellería de Cultura desde a biblioteca municipal
As “Maletas Viaxeiras” colleron hoxe dirección ao CEIP Xoaquín Loriga de Prado onde foron entregadas pola concelleira de Cultura e tenente alcalde, Paz Pérez, e onde permanecerán ata o 21 de decembro, tras permanecer desde comezos de outubro na Escola Infantil de Donramiro. Despois das vacacións do Nadal dirixiranse ao CEIP Xesús Golmar.
Trátase dunha actividade de dinamización lectora e fomento deste hábito entre o alumnado. A maleta abrangue unha selección de materiais claves á hora de abordar as aprendizaxes en materia de lectura. O préstamo deste proxecto de libros itinerantes é gratuíto e está dispoñible para todos os centros educativos.
“Rato Pérez” no Salón Teatro
Hoxe tiveron lugar no Salón Teatro dúas representacións do “Rato Pérez” dirixidas a escolares, unha ás 11 e outra ás 12.30 h. Mañá haberá unha nova función ás 11 h tamén dirixida a alumnado.