Novas

A CONCELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL PAZ PÉREZ DA A COÑECER O NOVO PROGRAMA DE AULAS SENIOR DO CONCELLO DE LALÍN

Este ano, os cursos dispoñibles inclúen formación en manexo do Smartphone, estimulación cognitiva e historia da arte, sendo para persoas de 45 anos ou máis

As primeiras clases comezarán o martes 18 de outubro

A concelleira de Política social Paz Pérez comunica que “este ano novamente ofrecemos as Aulas Sénior de Lalín, dirixidas a persoas maiores de 45 anos”.

Nesta ocasión, e atendendo ás preferencias da veciñanza de Lalín, Pérez informa de que “os cursos que se realizan atenden a diferentes temáticas e son os tres seguintes. O primeiro de eles leva por nome Manexo do Smartphone, e impartirase os mércores e venres na Aula Cemit do Auditorio de Lalín. Haberá dous turnos, o primeiro entre as 10:30 e as 11:30, e unha segunda quenda entre as 11:30 e as 12:30. Outra opción é o curso de Estimulación Cognitiva, que terá lugar os xoves entre as 17:30 e as 19:00 horas no Lalín Arena. Ademais, unha terceira opción é a formación en Historia da Arte, que está fixada para os martes igualmente no Lalín Arena, e ocupará de 17:30 a 19:00 horas”.

Para realizar as inscricións, poden facelo na recepción do Concello de Lalín para Historia da Arte e para Estimulación Cognitiva. E no caso do Manexo de Smarphone, presentar unha solicitude por rexistro, xa que é a única actividade con límite de prazas.

A concelleira tamén explicou “as aulas senior son unha referencia en innovación social e responden ás inquedanzas e necesidades actuais dunha xeración de persoas maiores de 45 anos activas, con ideas, experiencias, cultura e estilos de vida dinámicos e variados”.

Por ende, Paz Pérez tamén argumentou que “estas actividades contribúen a lograr unha madurez activa e produtiva, fundamental para que as persoas gocen de esta etapa da vida da mellor maneira. Como obxectivos destes cursos, están para a promoción da autonomía persoal, a participación e o protagonismo social deste colectivo, poñendo en valor o talento senior, potenciando o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes, e favorecendo a aprendizaxe permanente ao longo das súas vidas. Son sesións moi lúdicas e dinámicas, polo que animamos a todos e todas as interesadas que se inscriban nas mesmas, e aproveiten así este recurso que ofrecemos dende o Concello para fomentar alternativas de ocio saudable entre os nosos maiores”.

km0