Noticias

O CONCELLO ACTIVA AS AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS EN LALÍN

Lara Rodríguez explica que se destinarán un total de 11 mil euros a esta iniciativa As bases contemplan un incremento de 100 euros na cantidade fixa destinada por cada unha das actuacións subvencionables. A concelleira incide en que as comisións de festas deben estar constituídas por un mínimo de tres persoas e que só se admitirán como xustificantes os pagos realizados mediate transferencia ou ingreso bancario. O Boletín Oficial da provincia publica hoxe as bases reguladoras e o prazo para solicitalas abrirase unha vez se publique o extracto a próxima semana. Ler máis

O CONCELLO ACOMETE O REPINTADO DOS FAROIS DA PRAZA DA IGREXA

Francisco Vilariño supervisou hoxe os traballos que permitirán mellorar considerablemente a imaxe destes elementos urbanos e dun espazo neurálxico e moi transitado. O proxecto dá continuidade ás actuacións xa realizadas nos últimos meses nas rúas Principal, Joaquín Loriga, Matemático Rodríguez e Rosalía de Castro. Ler máis

BANDO DO ALCALDE

Bequeridas veciñas e veciños: Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA POR PRETO DE 83 MIL EUROS A AMPLIACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN BUSTELO, ANZO, PALMOU, MADRIÑÁN E GONDORIZ

O proxecto, que se levará a cabo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, será executado pola empresa Taboada y Ramos, A iniciativa contempla a construción de novos depósitos en Bustelo e Anzo e a ampliación da rede de subministro en Palmou, Madriñán e Gondoriz, Medela e González Casares explicaron que as actuacións servirán para dar resposta ás demandas veciñais sobre o abastecemento e para corrixir as carencias que se producen en verán, Ler máis

O CONCELLO PINTARÁ DE CORES AS ESCALEIRAS DO PARQUE DO AUDITORIO PARA EMBELECER A ZONA

O edil de Turismo salienta que a iniciativa permitirá converter este espazo urbano nun fermoso lenzo de cores que sirva como novo reclamo de Lalín. Francisco Vilariño indica que a proposta serve para seguir avanzando no obxectivo de converter Lalín nun lugar máis atractivo, alegre e acolledor para veciños e visitantes. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA POR MÁIS DE 139 MIL EUROS A EXECUCIÓN DA NOVA FASE DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA

As empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS, presentaron de forma conxunta a oferta máis vantaxosas das 16 que concorreron ao procedemento. Unha vez as compañías acheguen a documentación complementaria e se formalice o contrato, está previsto que as actuacións se inicien despois das festas de Lalín. A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Ler máis

REMATA O VERÁN CUN DOS MAIORES ESFORZOS CONCILIADORES POR PARTE DO CONCELLO NA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Uns 300 rapaces e rapazas participaron nos campamentos urbanos, no campamento do mar e na escola de verán. González Casares valorou moi positivamente o desenvolvemento das diferentes actividades e indicou que a intención do Goberno e seguir nesta liña de cara a próximos anos. Por primeira vez resérvanse prazas adaptadas nos campamentos urbanos para participantes con necesidades especiais. Ler máis

ARRANXO DUNHA PISTA NOS PORCALLOS

O Concello de Lalín concluíu o segundo plan de acondicionamentos de pistas e accesos rurais posto en marcha este ano coa mellora, mediante a dotación dunha nova capa de rodadura dunha pista que une o lugar de Os Porcallos. Ler máis

RUGBY

CLUBE RUGBY CORETI LALÍN-OS INGLESES RUGBY CLUBE

LALÍN ESTREARÁ EN SETEMBRO A PRIMEIRA ÁREA DE COMPOSTAXE COMUNITARIA POSTA EN MARCHA POLA CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Instalarase nas inmediacións da horta colectiva como apoio para eliminar os restos vexetais que producen os cultivos A brigada de obras estase a encargar de construír os soportes para os composteiros, que se irán estendendo a diferentes puntos da vila A concelleira de Medio Ambiente fixo fincapé en que a compostaxe é unha gran alternativa coa que xestionar o lixo orgánico de maneira ecolóxica e que ademais permite reducir custes. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín