Noticias

TRIANGULAR DE RUGBY

29 DE SETEMBRO DE 2018

O GOBERNO APOSTA POLA GRATUIDADE DO PARKING EN GRANDES TRAMOS HORARIOS PARA MELLORAR A MOBILIDADE E FAVORECER O COMERCIO LOCAL

A proposta do executivo contempla o estacionamento totalmente de balde nas franxas horarias de entre as 10.00 e as 13.00 horas e entre as 17.00 e as 20.00, de luns a venres, excepto festivos. Con esta medida garántese a cobertura dos intervalos diarios de maior intensidade circulatoria e maior actividade comercial. Cuíña, Casares e Teresa Varela explican que a iniciativa aumentará o uso da instalación, evitará desprazamentos innecesarios en coche e incrementará as posibilidades do comercio local. Ler máis

O CONCELLO ASINA CON APALC UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ACTÍVATE”

O acordo recolle unha axuda municipal de 5.120 euros que permitirán pór en marcha actividades de asesoramento e atención integral destinadas ás persoa con alzheimer e aos seu coidadores. O rexedor e o concelleiro de Benestar social tamén lembraron a tramitación por parte do Concello dunha axuda económica específica de 8 mil euros para a adquisición dun vehículo por parte de Apalc. O Goberno local atópase en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais. Ler máis

O CONCELLO ACOMETERÁ A REFORMA DA PRAZA DA VILA CUN INVESTIMENTO DE 320 MIL EUROS

A concelleira de Parques e Xardíns salienta que a proposta permitirá poñer en valor un espazo neurálxico, facñendoo máis atractivo, accesible, equilibrado e funcional. O alcalde significa a revitalización e rexuvenecemento desta zona urbana cun deseño máis aberto e xogos adaptados ao entorno. Membros do estudio de arquitectura Promove presentaron esta semana a iniciativa ao tenete de alcalde e á edil de Parques e Xardíns. A actual fonte integrarase no terreo, converténdose nun montículo para zona de xogos, pero conservando os seus elementos diferenciadores. O Concello xa solicitou os correspondentes permisos a Patrimonio, para poder sacar a licitación as obras no menor prazo de tempo. Ler máis

O CONCELLO CONVERTE AS ESCALEIRAS DO PARQUE DO AUDITORIO NUN NOVO ATRACTIVO AO EMBELECELAS CUN PINTADO MULTICOR

Para Vilariño, o novo aspecto das escaleiras, non só pasará a formar parte dos numerosos atractivos turísticos cos que conta Lalín, senón que tamén permitirá recuperar e poñer en valor a zona. De maneira paralela acometéronse unha serie reparacións no conxunto do acceso para recuperalo totalmente. Ler máis

SUPERCOPA LALÍN FUTSAL 2018

26 DE SETEMBRO 2018

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS EN LALÍN

Lara Rodríguez explica que se destinarán un total de 11 mil euros a esta iniciativa. As bases contemplan un incremento de 100 euros na cantidade fixa destinada por cada unha das actuacións subvencionables. A concelleira incide en que as comisións de festas deben estar constituídas por un mínimo de tres persoas e que só se admitirán como xustificantes os pagos realizados mediate transferencia ou ingreso bancario. Ler máis

O CONCELLO INICIARÁ A FINAIS DE OUTUBRO O ARRANXO INTEGRAL DA RÚA ALCALDE FERREIRO

As obras comezarán coa reconstrución das beirarrúas, un proxecto que quedou hoxe publicado na Plataforma de Contratacións do Estado, o que abre un prazo de 20 días para a presentación de ofertas empresarias. Francisco Vilariño explicou que a iniciativa segue a liña dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano. Ler máis

O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES FINALIZA O PRÓXIMO MÉRCORES, DÍA 26

Existe a modalidade diaria para as persoas que empreguen o bus de luns a venres e a semanal, para as que empreguen os bonos dúas veces á semana. Para realizar as solicitudes, as persoas interesadas deberán presentar nas dependencias de Benestar Social ou no Rexistro Xeral do Concello de Lalín a documentación requerida. As axudas chegarán a cubrir ata o 75% do prezo do pase. Ler máis

AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DE LALÍN ACOLLERON 1.071 PEREGRINOS DURANTE ESTE VERÁN

Son un 19% máis que os rexistradas no mesmo período do ano pasado. Francisco Vilariño ligou estas cifras “novamente tan positivas”, entre outros factores, “aos esforzos da concellería para poñer valor e dar a coñecer os camiños de Santiago que atravesan Lalín”. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín