Noticias

RUGBY FEMININO

21 DE OUTUBRO DE 2018

O CONCELLO INICIA O PROXECTO DE REURBANIZACIÓN DA RÚA XESTEIRA QUE PERMITIRÁ COMPLETAR A URBANIZACIÓN DE CIDADE XARDÍN

Francisco Vilariño explicou que a obra ten carácter integral e permitirá a mellora e modernización das redes de saneamento e abastecemento, das beirarrúas de ambas marxes e do pavimento. O concelleiro destacou a dimensión e a importancia dun proxecto moi demandado polos residentes. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA O XV CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” E O VII CONCURSO DE CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os certames perseguen promover a reflexión sobre dita problemática, para incrementar a sensibilidade da cidadanía con respecto a esta lacra social. O prazo para a presentación dos traballos permanecerá aberto ata o día 2 de novembro para o certame epistolar e ata o 9 de novembro para a publicación de chíos. A concelleira de Igualdade animou a toda a cidadanía a participar neste certame destacando a importancia de levar a cabo este tipo de actividades para visibilizar e tratar de dar resposta a este problema. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN SACOU A CONCURSO AS OBRAS PARA A REPARACIÓN DO AUDITORIO MUNICIPAL

As empresas interesadas en concorrer ao proceso teñen de prazo ata o 22 de outubro para presentar as súas ofertas. O orzamento de licitación dos traballos ascende a máis de 244 mil euros, dos que a maior parte de se financiarán con fondos procedentes do Plan Concellos. As actuacións permitirán a reparación integral das instalacións danadas polo temporal e nas que xa se acometeran actuacións de emerxencia por valor duns 55 mil euros. Ler máis

O CONCELLO INVESTIRÁ MÁIS DE 120 MIL EUROS NO REFORZO DA PISTA DA VEIGA E NA MELLORA DO ACCESO AO TOXO, EN FONTECABALOS

As actuacións financiaranse con cargo ao Plan de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal (antigo Plan Marco) da Xunta de Galicia. Miguel Medela salienta que este proxecto permitirá avanzar no obxectivo mantido durante o mandato de dar resposta ás necesidades dos veciños do rural. Ler máis

AVANZAN OS PREGOS DO PRIMEIRO GRAN CONTRATO PARA CONVERTER LALÍN NUNHA SMART CITY

Casares afirmou que esta iniciativa suporá “un investimento moi importante e con gran repercusión na modernización tecnolóxica do Concello de Lalín e dos seus servizos”. Contempla a posta en marcha de redes wifi abertas, sistemas de axuda ao estacionamento, pantallas informativas etc. Ler máis

II XORNADAS DE NATUREZA ACTIVA ENTRE O 25 E O 28 DE OUTUBRO

A iniciativa conta novamente cun cartel moi completo e da máxima calidade conformado por propostas diversas tales como poñencias ofrecidas por conferenciantes de moito prestixio, proxeccións, homenaxes ou andainas e actividades relacionadas con Roteiros de Lalín. Ler máis

O CONCELLEO ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA NO POLÍGONO LALÍN 2000 QUE COMEZARÁN A PRÓXIMA SEMANA

Taboada y Ramos acometerá a actuación por 72.270 euros, tras presentar a oferta máis vantaxosa dentro do concurso aberto Francisco Vilariño fixo fincapé no importante esforzo realizado polo Goberno local para poder sacar adiante esta obra debido aos “apretados” prazos concedidos pola Xunta para certificar esta orde de subvencións. Cuíña salientou as xestións directas que realizou con Industria para facer realidade este importante proxecto. As obras foron pactadas co empresariado e servirán para reorganizar glorietas, arranxar beirarrúas e mellorar as sinalización. Trátase dun proxecto que redundará en grandes beneficios para o tecido empresarial e polo tanto para o conxunto da economía local. Ler máis

INICIO DO PROGRAMA “ACTÍVATE” NA RESIDENCIA DAS DORES CUNHA ACHEGA MUNICIPAL DE 5.120 EUROS

Ten o obxectivo de prestar asesoramento e atención integral ás persoas con alzhéimer así como ás persoas coidadoras coa finalidade de favorecer o mantemento duns niveis aceptables de autonomías das persoas con esta enfermidade e aportar ferramentas aos familiares que convivan con elas para unha maior calidade de vida. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín