Noticias

A RECEPCIÓN DA CASA CONSISTORIAL ACOLLE O MÉRCORES A ENTREGA DAS ENTRADAS DA GRAN GALA DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

Repartiranse desde as nove da mañá a razón de 2 entradas por persoa e gardarase unha parte para o seu reparto pola tarde Ler máis

O ESPAZO CULTURAL KUNSTHALLE DE SANTIAGO ACOLLE O MARTES A PRESENTACIÓN PARA GALICIA DA XLV FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

Na zona de restauración deste local, unha das apostas que fixeron os seus rexedores foi por unha preparación alternativa de Cocido de Lalín que se ofrece aos clientes como alternativa gastronómica Ler máis

O ENTORNO DO SANTUARIO LALINENSE DO CORPIÑO ACOLLE O DOMINGO A CELEBRACIÓN DA XIV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO PREVIA Á CELEBRACIÓN DE XLV FEIRA DO COCIDO

Os diversos eventos que rodean á Matanza Tradicional celebraranse na praza de acceso á fachada traseira do Santuario onde se localizan dúas carpas de grandes dimensións / Unha das novidades será a narración da Matanza e dos diversos eventos que se vaian sucedendo por parte de dous locutores que irán comentando o que significa a tradición da Matanza e guiando os distintos traballos para dala a coñecer a aqueles visitantes menos avezados nesta tradición Ler máis

JESÚS VÁZQUEZ ABAD, CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, E ARSENIO OLMO CHAOS, DIRECTOR XERAL AGBAR MADRID, NOVOS COMENDADORES DA XLV FEIRA DO COCIDO

Crespo destaca a boa disposición cos temas de Lalín do titular autonómico e tamén que o feito de que cando chegou á Consellería unha das primeiras obras que contratou foi o colexio Xesús Golmar / De Olmo Chaos sinala que se recoñece a traxectoria dun lucense nacido no Courel que se especializou en Barcelona en recursos humanos e hídricos e que hoxe dirixe a principal empresa mundial en canto a tratamento, conservación e mantemento da auga Ler máis

O CONCELLO ASTURIANO DE NAVA PRESENTA A SÚA 36ª EDICIÓN DO FESTIVAL DA SIDRA ESTE SÁBADO EN LALÍN DENTRO DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DA XLV FEIRA DO COCIDO

Unha delegación deste municipio con tradición sidreira encabezada polo seu alcalde Emilio Ballesteros e pola concelleira de Bienestar Social e Igualdad, Belén Fernández, será recibida na Casa Consistorial; despois efectuarase a plantación dunha “Maceira Asturiana” no Xardín Botánico e finalmente haberá unha mostra de escanciadores e de produtores navetos de queixos na carpa instalada na Praza da Igrexa Estes actos pretenden poñer en valor e aunar as potencialidades dos dous eventos, a Festa da Sidra e a Feira do Cocido, que son Festas de Interese Turístico Nacional Ler máis

AS PROPOSTAS VANGARDISTAS DE COCIDO DE LALÍN DESESTACIONALIZADO DE DIEGO LÓPEZ E ÁLEX IGLESIAS TRUNFAN EN MADRID FUSIÓN E RECIBEN CRÍTICAS POSITIVAS DE EXPERTOS GASTRONÓMICOS QUE AS CUALIFICAN “DE RESUMO DO MELLOR DA COCIÑA GALEGA DO INTERIOR”

Na degustación ofrecida por estes dous mozos pero preparados cociñeiros lalinenses, acompañados pola sumiller Carlota Iglesias, participaron o alcalde José Crespo; o presidente da Deputación, Rafael Louzán; o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; o presidente da Real Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón; o concelleiro lalinense de Turismo, José Antonio Rodríguez, así como restauradores e medios nacionais e estranxeiros que se interesaron pola mestizaxe das propostas presentadas no stand da Deputación de Pontevedra / O rexedor lalinense destaca que “nos enche de orgullo esta nova xeración de cociñeiros lalinenses que vai xogar un papel importante non só para o Cocido e para Lalín senón para a gastronomía galega e nacional” / O primeiro edil lalinense salienta que “estamos a potenciar un prato como o cocido, uns productos de primeira calidade e una terceira pata como os noveis restauradores que tamén son importantes na nosa festa” / Ler máis

A ROSALEIRA E O GRUPO NOVE RECIBEN O RECOÑECEMENTO DOS PREMIOS DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

Clarisa Fernández Muñiz de Casa Sánchez en Coristanco (A Coruña); María Luz Otero, do Restaurante Descalzo en Taboada (Lugo); Miguel Álvarez Cañal, do Restaurante Valilongo, da Teixeira (Ourense), e Dolores Vilanova Tallón, de Casa Castro en Vila de Cruces (Pontevedra) recibirán este ano os XIX Premios de Gastronomía de Galicia ao “Labor de Toda unha Vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación profesional destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas. Ler máis

ESTOPA, ESTRELLA MORENTE, ROSA, NATALIA, MELOCOS OU EFECTO PASILLO, ENTRE OS ARTISTAS DA GALA DO COCIDO

O Lalín Arena acollerá o vindeiro venres, 1 de febreiro, a Gran Gala de Gastronomía de Galicia no decurso da cal se entregarán os XIX Premios de Gastronomía de Galicia -que recoñecen as persoas, entidades, e profesionais que se distinguiron na potenciación da cociña galega- e o XIX Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. Ler máis

3ª CARREIRA do COCIDO – LALÍN 2013

O Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza, organizan o domingo 10 de Febreiro de 2013, de 11 a 13:30 horas, a 3ª Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada xunto a praza da igrexa Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín