Noticias

CRESPO PROPÓN AOS COMERCIANTES A CELEBRACIÓN DUN MERCADIÑO SEMANAL NO CENTRO DE LALÍN DE XEITO EXPERIMENTAL QUE REÚNA ALIMENTACIÓN, TÉXTIL, COMPLEMENTOS E ARTESANÍA, OPCIÓN QUE RECIBE A APROBACIÓN DO SECTOR E QUE O CONCELLO ESTUDARÁ

O primeiro edil lalinense encargou a realización dunha proposta de mercadiño -alimentación, téxtil, complementos e artesanía- á concelleira de Comercio, María José Batán, e acordou coa comisión de comerciantes de AED, desenvolvelo o sábado, por ser o día máis idóneo O alcalde ve como positivo que os comerciantes actúen unidos nunha comisión e brindou colaboración e apoio ao sector para colaborar no que se poida e celebrar reunións periódicas de intercambio entre Concello e comerciantes Ler máis

O MUSEO MUNICIPAL ACTÚA COMO FOCO DE ACHEGAMENTO DA CULTURA AOS DIFERENTES COLECTIVOS LALINENSES, ESPECIALMENTE ENTRE OS ESCOLARES, INCIDINDO NA PROMOCIÓN DA DIFUSIÓN CULTURAL ENTRE A CIDADANÍA CON PRETO DE 9.000 VISITAS EN 2012

Maio foi o mes que maior número de visitas recibiu e no que se celebraron 17 actividades en torno á festividade do “Mes das Letras Galegas” // Presentación de libros, de discos, concertos, actos de entrega de diferentes premios, charlas informativas, recitais poéticos, exposicións (pintura, fotografía, banda deseñada, escultura...) e celebración de diferentes eventos como XIV Cocido das Artes ou Tititirideza compoñen o elenco de actividades que se celebraron o ano pasado no Museo, que continúa así a súa tarefa de propulsión cultural entre a sociedade lalinense Ler máis

1ª Liga Fútbol 7 de Veteranos en Lalín

Inscrición gratuita, o prazo para anotarse remata o venres 8 de marzo de 2013 Ler máis

Inicio del campeonato de España de Enduro 2013

Santiago de Compostela acoge la primera prueba puntuable del campeonato de España de Enduro, días 1, 2 y 3 de marzo, organiza el Moto Club MNM, IV Memorial Eulo Albert Ler máis

YOLANDA DOMÍNGUEZ EXPÓN NO MUSEO MUNICIPAL DO 2 AO 27 DE MARZO A SÚA “ARTE PARA CAMBIAR O MUNDO”, UNHA EXPOSICIÓN PROMOVIDA POLO CONCELLO DE LALÍN CON MOTIVO DOS ACTOS DO “DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES”

Artista visual e performer desenvolve proxectos sobre temas de xénero creando situacións sensibles e inquietantes co obxectivo de xerar unha reacción de crítica social // Participou como relatora no curso de verán “Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Educar na comunicación igualitaria” celebrado en xullo de 2012 Ler máis

LUÍS TOSAR NO PAPEL DE CELSO EMILIO FERREIRO CONTA NO ESPAZO DUNHA HORA A VIDA DO POETA CELANOVÉS NO DOCUMENTAL “100% CEF” QUE SE PROXECTA O PRÓXIMO VENRES NO MUSEO MUNICIPAL

Esta longametraxe documental é o froito da edición e da montaxe de case cen horas de gravación con entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións que axudan a debuxar un retrato contemporáneo e pouco académico de Celso Emilio Ferreiro, despois dun centenario do seu nacemento // A proxección terá lugar o 1 de marzo ás 20.30 horas dentro dos actos do Concello de Lalín en homenaxe ao que foi pregoeiro da Feira do Cocido no 1978 Ler máis

LALÍN MANTERÁ GRATUÍTO O SERVIZO DE TELEASISTENCIA PARA OS 72 USUARIOS QUE ESTÁN ADSCRITOS TANTO NA VÍA DE LIBRE CONCORRENCIA E NA DE DEPENDENCIA

Pérez cuantificou en 37 os usuarios que están a recibir o servizo pola vía da libre concorrencia e 35 os usuarios que o fan pola de dependencia, as dúas canles polas que se pode acceder ao mesmo no Concello de Lalín Ler máis

LALÍN RENDE HOMENAXE AO SEU FILLO ILUSTRE "LAXEIRO" CUN SINXELO ACTO DE CONMEMORACIÓN DOS 105 ANOS DO SEU NACEMENTO

O Concello de Lalín rendeu hoxe, data na que se cumpren os 105 anos do nacemento de "Laxeiro", unha homenaxe a este destacado pintor lalinense cun acto sinxelo diante da súa escultura situada no patio do Museo Municipal. Unha ofrenda floral, pezas musicais a cargo do gaiteiro Plácido Rozas e lectura dun texto escrito por Neira Vilas e dedicado a José Otero Abeledo conformaron este tributo do pobo de Lalín ao seu fillo ilustre. Participaron o tenente alcalde, Román Rodríguez, a sobriña do finado e diversos artistas e lalinenses que quixeron acompañar coa súa presenza o recordo do xenial e memorable artista da Romea.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín