Noticias

A SITUACIÓN DO SECTOR LÁCTEO, PROXECTOS COMO “SOUTOS” E O “PORCO LALAÍNO” E DIVERSOS PROGRAMAS DE POSTA EN VALOR DO RURAL COS QUE DAR VALOR ENGADIDO ÁS EXPLOTACIÓNS, TEMAS DE ANÁLISE DO ENCONTRO MANTIDO POR CRESPO NO PARLAMENTO EUROPEO CON HERRANZ E AYUSO

O alcalde de Lalín e o concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, aproveitaron a presenza en Bruxelas para reunirse co voceira española de Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Esther Herranz, e coa vicevoceira da dita Comisión, Pilar Ayuso, un encontro no que tamén participou o eurodeputado Francisco Millán Mon, que exerceu como anfitrión Tras a reunión no Parlamento Europeo o alcalde agradeceu ao anfitrión Francisco Millán Mon o ter xestionado a reunión de traballo coas dúas integrantes da Comisión Europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural Ler máis

MARÍA JOSÉ BATÁN VISITA A PRAZA DE ABASTOS DE LALÍN NO INICIO DUNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “PRESUME DE PRACEIRO/A”, COA QUE SE TRATA DE PROMOCIONAR ESTE TIPO DE COMERCIO DE PROXIMIDADE E CALIDADE

Os clientes poderán votar polo seu praceiro/a favorita; entre todos os votos recibidos celebraranse dous sorteos, un o 12 de abril e outro o 3 de maio, nos que se sacarán tres papeletas que resultarán premiadas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra // Así mesmo o/a mellor praceiro/a sairá do reconto de todos os votos recibidos e o/a elixido/a verá recoñecida a súa profesionalidade nun acto público Ler máis

O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVERÁ NOVAS ACCIÓNS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL NAS ÁREAS DE COMERCIO, RENOVABLES, FORESTAL, TÉXTIL, NOVAS TECNOLOXÍAS E FOMENTO DO AUTOEMPREGO E EMPRENDEMENTO A FIN DE OPTIMIZAR A EMPREGABILIDADE

A concelleira de Actividade Económica, Comercio e Emprego, vén de anunciar que “o programa que desenvolve desde finais de novembro o Concello en colaboración coa Xunta amplía en dous meses o prazo, isto é, ata finais de maio, co obxectivo de mellorar o aproveitamento de todas as actuacións que se imparten no marco desta iniciativa conxunta das administracións municipal e autonómica” Neste mes de marzo darán comezo cursos encamiñados á creación de postos de emprego nos sectores téxtil e industrial. A formación versará sobre: “ensamblaxe de prendas de punto”; “soldadura TIG e electrodo para tubarías de ferro e inox” e “operacións de caixa na venta”, así como cinco novos obradoiros sobre motivación emprendedora, autoemprego, xestión financeira, comercialización e marketing e elaboración dun plan de empresa nos que participarán aquelas persoas que teñen proxectada unha idea de negocio Preto dun cento de ofertas de emprego xestionadas, 154 curriculums enviados, 15 insercións laborais, 121 contactos con empresas do sector, 239 titorías individualizadas e máis de 500 horas de formación, son as cifras provisionais, altamente positivas, que presenta o programa que rematará o 31 de maio. Destacar o feito de que 15 persoas do programa xa foron colocadas a través de contratos laborais e sobre unhas 6 persoas están preparando o seu proxecto de empresa Ler máis

O PROGRAMA “VACACIÓNS EN PAZ” QUE CONTEMPLA TRES SOLICITUDES PARA ESTE ANO TEN EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE RECADACIÓN DE FONDOS COS APOIOS DAS CONCELLERÍAS DE DEPORTES E BENESTAR, EN COLABORACIÓN CON SOGAPS E COAS FAMILIAS ACOLLEDORAS DO MUNICIPIO

A dita campaña inclúe mercadiños solidarios levados a cabo co traballo voluntario das familias acolledoras e carreiras populares organizadas coa colaboración dos colexios da zona Así mesmo hai que lembrar a doazón de 1 euro por inscrición da III Carreira do Cocido que sumou 340 euros Ao longo deste ano as tres familias acolledoras xa lograron recadar o diñeiro para algo máis dun billete Todas as persoas que desexen máis información ou participar como familias acolledoras en vindeiras edicións, poderán solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello, chamando ao teléfono 986 780 014, ou no correo electrónico migracions@lalin.org Ler máis

Campionato de Veteráns Cidade de Ourense

Pavillón Municipal Os Remedios, coa participación de oito equipos, entre eles o Balonmán Lalín Ler máis

DESPOIS DO LABORATORIO CASTREXO DE DEPODEZA E DO ARQUIVO HISTÓRICO DE DEZA AVÁNZASE CARA NOVOS USOS DO PAZO LIÑARES DE XEITO CONSENSUADO

Román Rodríguez destacou o bo clima de diálogo e entendemento que predominou no encontro da xunta de voceiros para analizar as utilidades de Liñares, que estivo presidida polo alcalde de Lalín, José Crespo // Coincidencia dos representantes de todos os grupos políticos municipais en dotar ao edificio nobre de usos definidos, con criterio e sostibles economicamente Ler máis

JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ ANUNCIA QUE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VÉN DE CONCEDER AO CONCELLO DE LALÍN A CONTRATACIÓN DUNHA BOLSEIRA PARA ATENDER A OFICINA DE TURISMO

Ana Belén Varela Souto fíxose coa bolsa de diplomados ou graduados en Turismo para o municipio lalinense e mañá mesmo se incorporará á Oficina de Turismo, na que será una nova etapa deste servizo municipal ao que vén de ser renovado o distintivo de Calidade Turística SICTED // O edil delegado de Turismo reuniuse coa beneficiaria da bolsa da Deputación e explicoulle os cometidos e funcións do seu posto de traballo, ao tempo que destacou a importancia de poder contar cunha persoa coa preparación axeitada para atender a Oficina de Turismo, un servizo fundamental no municipio lalinense Ler máis

O Rali do Cocido quenta motores

Segunda proba puntuable do calendario Galego de Ralis en Asfalto, o Rali do Cocido conta con coeficiente 8. Radio Lalín emisora oficial do XIX Rali do Cocido, retransmisión en directo o sábado 16 de marzo a partires das 9:00 h no 106.8 FM e www.radiolalin.com Ler máis

A CONCELLERÍA DE NOVAS TECNOLOXÍAS PROMOVE, A TRAVÉS DA AULA CEMIT, UNHA SESIÓN FORMATIVA GRATUÍTA POR VIDEOCONFERENCIA PARA AS PEMES E AUTÓNOMOS DO SECTOR DE ARTÍCULOS DE ROUPA E CALZADO PARA A POSTA EN MARCHA E A XESTIÓN DUN NEGOCIO EN INTERNET

José Antonio Rodríguez Fernández anuncia que “as persoas interesadas en participar neste curso poden anotarse xa na Casa Consistorial, ou ben chamando ao 617 900 877 ou enviando un correo electrónico a cemit.lalin@xunta.es” Ofértanse un total de 35 prazas e para a súa adxudicación seguirase orde rigoroso de inscrición Ler máis

VISITA ÁS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA PRAIA FLUVIAL "POZO DO BOI" EN VILATUXE QUE ESTARÁN LISTAS ESTE VERÁN

O alcalde de Lalín, José Crespo e a concelleira delegada da área de Vilatuxe, Sara Fernández, acompañados polo director de obra e técnico municipal, Antonio Bernárdez, e por operarios da empresa Hermanos Millares Blanco -adxudicataria-, realizaron unha visita ás obras de acondicionamento da praia fluvial "Pozo do Boi", na parroquia lalinense de Vilatuxe. As obras están rematadas a finais de maio.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín