Noticias

O GOBERNO APROBA A ADXUDICACIÓN DO PLAN QUE VAI MARCAR O FUTURO DA MOBILIDADE URBANA DEN LALÍN

A iniciativa -que contaba cun orzamento de licitación de 26.667 euros procedentes do Plan de Concellos da Deputación- foi adxudicado á empresa Proyestegal S.L por 18.634. Casares lembrou que se trata dun documento estratéxico que permitirá realizar un diagnóstico acertado sobre a mobilidade urbana e establecer propostas concretas para actuar a curto, medio e longo prazo. Para o tenente de alcalde o PMUS, así como iniciativas como o Estudo de Comercio, o Plan de Turismo ou o Lalín Ssuma 21 demostra que o Goberno ten un proxecto de futuro para o concello. Ler máis

O GOBERNO MUNICIPAL APROBA A LICITACIÓN DO PROXECTO DE MELLORA E RENOVACIÓN DO ALUMEADO DO ESTADIO MANUEL ANXO CORTIZO

ermitirá corrixir os problemas de luz desta instalación, mellorando a luminosidade e, ao mesmo tempo, proporcionando aforro enerxético e económico. O Concello destina a esta actuación un orzamento de 178.334 euros. González Casares e Santiago Castro salientaron a relevancia desta iniciativa, tendo en conta a intensidade de uso do Cortizo e os seus altos índices de consumo enerxético. Ler máis

O CONCELLO ACTIVA UNHA NOVA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE ABONADOS PARA O LALÍN ARENA

María Jesús Sánchez explica que os novos usuarios que se inscriban no complexo deportivo entre o 1 e o 20 de novembro terán matrícula gratuíta. A concelleira pon este tipo de iniciativas como exemplo de potenciación e xestión dunhas instalacións que experimentaron un importante pulo neste mandato. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN APROBA A LICITACIÓN DO PROXECTO PARA CONVERTER LALÍN NUNHA “CIDADE INTELIXENTE”

González Casares destacou que esta iniciativa constituirá un antes e un despois na modernización tecnolóxica de Lalín. As empresas que queiran optar a este contrato teñen de prazo para presentar ofertas ata o día 13 de novembro, cun orzamento de licitación de aproximadamente 250 euros. Ler máis

A diversidade deportiva de Lalín como factor xerador de riqueza e dinamismo protagoniza o novo video promocional de Turismo

A peza realiza un percorrido pola potencialidade e a diversidade deportiva de Lalín ofrecendo unha visión do deporte como xerador de riqueza, dinamismo social e polo para a atracción de visitantes. Francisco Vilariño sinalou “que o deporte actúa como recurso turístico inmellorable e amosa algúns dos valores que fan de Lalín un interior único”. Esta publicación, enmarcada na campaña “Unha vila, mil experiencias”, esta deseñada principalmente para a súa difusión a través das redes sociais. Ler máis

O CONCELLO DESTINOU MÁIS DE 145 MIL EUROS A 11 PROXECTOS FINANCIADOS AO ABEIRO DA LIÑA 2 DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A liña 2 está centrada na amortización, pagamento de débedas e gastos correntes e no financiamento de actos culturais, sociais, deportivos e educativos. Ler máis

PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS SELECCIONADAS PARA O OBRADOIRO DE EMRPEGO “FORESTA LALÍN”

Rematado o proceso selectivo, o obxectivo do Concello é que o obradoiro dea comezo a principios do mes que vén. “Creo que as facetas nas que se van formar os alumnos-traballadores teñen moita saída -indicou José Manuel Fernández- polo tanto este obradoiro será moi proveitoso para que os participantes consigan a empregabilidade” . Ler máis

O CONCELLO ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DE “LALÍN DIVERSO” O DÍA 30 DE NOVEMBRO PARA SEGUIR DANDO LUZ Á DISCAPACIDADE

González Casares explicou que a iniciativa incluirá multitude de actividades dirixidas a público diverso como mostra de que o Concello de Lalín é un concello exemplar nesta cuestión. O concelleiro agradeceu a colaboración de Working Wheels, Morea, Aranes e Aspadeza nestas xornadas que que verán reforzada a súa programación. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA A CREACIÓN DUNHA NOVA SALA PARA XIMNASIO NO MULTIUSOS LALÍN ARENA

Resultou adxudicataria a empresa Z. O. O Rosal S.L que presentou a oferta máis vantaxosa das 8 que concorreron, cun orzamento de 40.696,88 euros. María Jesús Sánchez destacou a relevancia desta iniciativa “que nos permitirá datar de uso a unha área do Arena que ata o de agora estaba inutilizada e incrementar a oferta do centro. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PON EN MARCHA AS ACTUACIÓNS DE MELLORA NO POLÍGONO LALÍN 2000

As obras foron pactadas co empresariado e servirán para reorganizar glorietas, arranxar beirarrúas e mellorar as sinalización. Trátase dun proxecto que redundará en grandes beneficios para o tecido empresarial e polo tanto para o conxunto da economía local. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín