Noticias

O GOBERNO MUNICIPAL APROBA A LICITACIÓN DO PROXECTO DE MELLORA E RENOVACIÓN DO ALUMEADO DO ESTADIO MANUEL ANXO CORTIZO

ermitirá corrixir os problemas de luz desta instalación, mellorando a luminosidade e, ao mesmo tempo, proporcionando aforro enerxético e económico. O Concello destina a esta actuación un orzamento de 178.334 euros. González Casares e Santiago Castro salientaron a relevancia desta iniciativa, tendo en conta a intensidade de uso do Cortizo e os seus altos índices de consumo enerxético. Ler máis

O CONCELLO ACTIVA UNHA NOVA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE ABONADOS PARA O LALÍN ARENA

María Jesús Sánchez explica que os novos usuarios que se inscriban no complexo deportivo entre o 1 e o 20 de novembro terán matrícula gratuíta. A concelleira pon este tipo de iniciativas como exemplo de potenciación e xestión dunhas instalacións que experimentaron un importante pulo neste mandato. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN APROBA A LICITACIÓN DO PROXECTO PARA CONVERTER LALÍN NUNHA “CIDADE INTELIXENTE”

González Casares destacou que esta iniciativa constituirá un antes e un despois na modernización tecnolóxica de Lalín. As empresas que queiran optar a este contrato teñen de prazo para presentar ofertas ata o día 13 de novembro, cun orzamento de licitación de aproximadamente 250 euros. Ler máis

A diversidade deportiva de Lalín como factor xerador de riqueza e dinamismo protagoniza o novo video promocional de Turismo

A peza realiza un percorrido pola potencialidade e a diversidade deportiva de Lalín ofrecendo unha visión do deporte como xerador de riqueza, dinamismo social e polo para a atracción de visitantes. Francisco Vilariño sinalou “que o deporte actúa como recurso turístico inmellorable e amosa algúns dos valores que fan de Lalín un interior único”. Esta publicación, enmarcada na campaña “Unha vila, mil experiencias”, esta deseñada principalmente para a súa difusión a través das redes sociais. Ler máis

O CONCELLO DESTINOU MÁIS DE 145 MIL EUROS A 11 PROXECTOS FINANCIADOS AO ABEIRO DA LIÑA 2 DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A liña 2 está centrada na amortización, pagamento de débedas e gastos correntes e no financiamento de actos culturais, sociais, deportivos e educativos. Ler máis

PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS SELECCIONADAS PARA O OBRADOIRO DE EMRPEGO “FORESTA LALÍN”

Rematado o proceso selectivo, o obxectivo do Concello é que o obradoiro dea comezo a principios do mes que vén. “Creo que as facetas nas que se van formar os alumnos-traballadores teñen moita saída -indicou José Manuel Fernández- polo tanto este obradoiro será moi proveitoso para que os participantes consigan a empregabilidade” . Ler máis

O CONCELLO ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DE “LALÍN DIVERSO” O DÍA 30 DE NOVEMBRO PARA SEGUIR DANDO LUZ Á DISCAPACIDADE

González Casares explicou que a iniciativa incluirá multitude de actividades dirixidas a público diverso como mostra de que o Concello de Lalín é un concello exemplar nesta cuestión. O concelleiro agradeceu a colaboración de Working Wheels, Morea, Aranes e Aspadeza nestas xornadas que que verán reforzada a súa programación. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA A CREACIÓN DUNHA NOVA SALA PARA XIMNASIO NO MULTIUSOS LALÍN ARENA

Resultou adxudicataria a empresa Z. O. O Rosal S.L que presentou a oferta máis vantaxosa das 8 que concorreron, cun orzamento de 40.696,88 euros. María Jesús Sánchez destacou a relevancia desta iniciativa “que nos permitirá datar de uso a unha área do Arena que ata o de agora estaba inutilizada e incrementar a oferta do centro. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PON EN MARCHA AS ACTUACIÓNS DE MELLORA NO POLÍGONO LALÍN 2000

As obras foron pactadas co empresariado e servirán para reorganizar glorietas, arranxar beirarrúas e mellorar as sinalización. Trátase dun proxecto que redundará en grandes beneficios para o tecido empresarial e polo tanto para o conxunto da economía local. Ler máis

O CONCELLO INICIA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA CUBRIR A PISTA DEPORTIVA DO XESÚS GOLMAR

O alcalde visitou hoxe as instalacións onde se vai desenvolver unha iniciativa que ten un orzamento de preto de 150 mil euros. Esta cantidade financiarase con cargo aos remanentes municipais de 2017. Rafael Cuíña salienta que é un proxecto que lle fai especial ilusión xa que permitirá dar resposta a unha vella demanda da comunidade educativa, que a Xunta non foi quen de atender. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín