MODIFICACIÓN DEL PLAN DE SECTORIZACIÓN DE LA CUARTA FASE DEL POLÍGONO EMPRESARIAL DE LALÍN (PONTEVEDRA)
Servizos Sociais - Protección de datos
Para a xustificación da axuda será necesario aportar a seguinte documentación:
- Anexo III: Conta Xustificativa.
- Copia cotexada das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil, o gasto debe ser realizado no comercio local do Concello de Lalin. As facturas deben de ter data do ano 2010.
- Copia da partida de nacemento/copia cotexada do Libro de Familia ou copia da sentenza de constitución de adopcionen caso de non ter achegado esta documentación con anterioridade.
- Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma actuación, de calquera administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais do concello de Lalín
O presente Regulamento ten por obxecto regular o réxime xurídico, xestión, uso e utilización das Instalacións Deportivas de titularidade do Concello de Lalín e díctase ó abeiro das competencias que neste materia atribúe ós concellos os artigos 4.a), 22, 25.2.m), 26.1.c) e 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; artigo 55 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións vixentes en materia de Réxime Local y o artigo 53.3 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Regulamento consello municipal benestar social
Tras a aprobación inicial polo Pleno da Corporación do Concello de Lalín do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Municipal de Benestar Social, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro de 2015, e dado que durante o período de exposición pública non se presentaron reclamacións, de conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, enténdese definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional. De conformidade co previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985 procédese á publicación do texto íntegro do regulamento.
Regulamento de participación cidadá
Tras a aprobación inicial polo Pleno da Corporación do Regulamento de participación cidadá nas parroquias do Concello de Lalín, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro de 2015, e dado que durante o período de exposición pública non se presentaron reclamacións, de conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, enténdese definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional. De conformidade co previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985 procédese á publicación do texto íntegro do regulamento.
Regulamento consello escolar municipal
Tras a aprobación inicial polo Pleno da Corporación do Regulamento do Consello Escolar Municipal de Lalín, na sesión ordinaria celebrada o día 23 de xullo de 2015, e dado que durante o período de información pública non se presentaron reclamacións, de conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, enténdese definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional. De conformidade co previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985 procédese á publicación do texto íntegro do regulamento.