Museos

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Na parroquia lalinense de Doade atópase este museo consagrado ao pasado do concello e da comunidade galega en xeral, como unha homenaxe aos nosos devanceiros.

As instalacións deste museo atópanse nunha antiga casa de pedra (con 200 anos de antigüidade), en dous edificios adicionais e nunha capela, que acubillan 14 salas de exposición con 4500 apeiros e 24000 restos arqueolóxicos do Castro de Doade.

 A agricultura, o proceso do liño, a vivenda tradicional galega, unha recreación de tres aulas de principios do século XX e diversos oficios.

Imagen Museo Etnográfico Casa do Patrón
km0