Servizo de Atención ás Migracións
Horario de Atención ao Público
De luns a venres, de 8:00 a 15:00
Servizo financiado pola ORDE do 6 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, susceptible de seren financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
O SAMI encárgase de ofrecer recursos ás persoas migrantes en situación de vulnerabilidade para favorecer a súa inclusión social e laboral en igualdade de condicións que o resto da veciñanza.
Actuacións:
Acollida, información e xestión de prestacións sociais, educativas, sanitarias... e/ou derivación, de ser o caso, a outros recursos de protección social, en coordinación con servizos e asociacións do municipio.
Información e asesoramento sobre trámites administrativos específicos de estranxeiría e sobre recursos específicos de inclusión: permisos de residencia e traballo, visados, nacionalidade, reagrupamento, retorno voluntario,...
Intervención e acompañamento social coas persoas usuarias, a través de proxectos de inclusión e itinerarios de inclusión sociolaboral.
Información, formación e, de ser o caso, derivación a recursos formativos e para a inserción laboral.
Mediación social intercultural
Reforzo socioeducativo a menores inmigrantes.