Esta instalación con superficie de cemento pulido, conta cunha ringleira de cadeiras para os espectadores próxima ós 60 unidades. Unha lona permite dividir o pavillón en dúas partes o que o fai altamente funcional cando é utilizado polos institutos en horario escolar ou sendo modificado para adestrar simultaneamente dúas modalidades deportivas distintas. Posúe unha potente iluminación que lle permite a disputa de partidos nocturnos e aínda que non ten vestiarios, comparte os da zona do túnel. Esta instalación xunto coa da pista de goma, soporta a práctica totalidade dos adestramentos e partidos de competición de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, fútbol sala feminino.