No marco da iniciativa solidaria posta en marcha polo Concello, por unanimidade dos grupos políticos, en colaboración coas asociacións O Mencer, Recycling e Carabelo, sumándose á solicitude feita pola FEMP
Todas as persoas que desexen colaborar para axudar a tentar paliar as consecuencias deste desastre poderán facelo xa desde mañá mesmo achegando produtos de primeira necesidade ao punto de recollida establecido no Espazo Activo Aberto
Desde o Concello de Lalín faise un chamamento ao conxunto da veciñanza a colaborar nesta iniciativa solidaria e contribuír así a aliviar as necesidades das persoas afectadas pola catástrofe
Mañá domingo comeza a campaña de recollida de produtos esenciais para destinalos aos damnificados pola catástrofe de Valencia dentro da iniciativa solidaria posta en marcha polo Concello de Lalín, por unanimidade de todos os grupos políticos, en colaboración coas asociacións O Mencer, Recycling e Carabelo, sumándose á solicitude realizada pola FEMP.
Todas as persoas que desexen colaborar para axudar a tentar paliar as consecuencias deste desastre poderán facelo xa desde mañá mesmo achegando produtos de primeira necesidade ao punto de recollida.
O punto de recollida estará habilitado no Espazo Activo Aberto (local situado a carón do pavillón municipal), desde mañá domingo 3 de novembro, todos os días ata fin de campaña, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Un horario que poderá sufrir algunha modificación en función das necesidades.
Os produtos esenciais que se precisan son estes (e non outros):
- auga embotellada
- leite (normal e infantil)
- alimentos non perecedoiros (conservas, fiambres, galletas, cereais, froitos secos, zumes...)
- produtos de hixiene persoal
- biberóns
- cueiros
- cubos, escobas, fregonas, bolsas e sacos de lixo, angazos, palas e botas de goma
Os produtos que non estean dentro desta listaxe, que son os que precisan os damnificados, non se recollerán.
Desde o Concello de Lalín faise un chamamento ao conxunto da veciñanza a colaborar nesta iniciativa solidaria e contribuír así a aliviar as necesidades das persoas afectadas pola catástrofe.