CRESPO VISITOU A OBRA DA PONTE DE ZOBRA QUE AVANZA A BO RITMO E XA TEN COLOCADA A ESTRUTURA DE SOPORTE
O alcalde de Lalín, José Crespo, visitou as obras da Ponte de Zobra, sobre o río do mesmo nome, que avanzan a bo ritmo e que permitiron colocar xa a estrutura que dará soporte á plataforma de rodaxe e polo medio da que pasará a canle do río, cunha dimensión que supera con moito a que había ata o de agora.
O rexedor indicou que a nova ponte terá unha capacidade de paso de auga que permitirá evitar as enchentes que se producían e unha duración moi superior á actual, xa que conta cunha estrutura de formigón armado de alta resistencia.
A previsión é que a obra quede rematada nos primeiros días do mes de novembro.
Documentos